Alumnos e profesores do Colexio Compañia de María de Ferrol, realizarón unha viaxe visual polos ceos nocturno a través do telescopio por obxectos como a Lúa detallando polo miudo a súa geografía dende os mares ata o mais pequeno dos cráteres, Xúpiter co detalle das súas franxas meteorolóxicas e os seús satélites galileanos, continuose con obxectos de ceo profundo como a gran nebulosa de Orión. A observación a simple vista detallou a posición da Polar e as constelacións usadas como referencia para a súa localización, así como as constelacións circumpolares e a senlleira constelación invernal de Orión, así como outras como Tauro ou Xéminis e asterimos como as Pleíades. A descripción das constelacións foi acompañada polo recoñecimento das estrelas que as compoñen. Algún satélite artificial foi amosado durante o seu paso.
Escrito por sghnastronomia el 10/02/2011 22:16 | Comentarios (0)
Alumnos do IES de Canido o día 8 de febreiro de 2011, participaron na actividade, por mor de atoparse cubertos os ceos realizouse unha presentación dos ceos nocturnos de inverno das nosas latitudes có programa stellarium, amosando as constelacións e as súas lendas asociadas así como as estrelas máis significativas e tamén os obxectos de ceo profundo. Rematouse realizando a presentación dunha viaje espacial dende a Terra ao máis profundo do espacio coñecido, antes de correr o autobús de volta amosouse a contaminación lumínica producida polas cidade de Ferrol e Coruña.
Escrito por sghnastronomia el 08/02/2011 21:54 | Comentarios (0)
Alumnos e profesores do IES Saturnino Montojo de Ferrol, participaron na actividade o día 3 de febreiro de 2.011. Dado que as nubes nos acompañaron durante a observación tivemos que alternar as observacións de partes do ceo con representacións dos ceos a través do programa Stellarium, amosando as constealacións de inverno, recoñecendo o Norte, a estrela Polar, usando a Osa Maior e Casiopea poidendo nalgún claro ver case completa a constelación de Orión, e a observación a simple vista e con primáticos da Pleíades, a través do telescópio puidose observar a Xúpiter a tres das súas lúas galileanas.
Escrito por sghnastronomia el 03/02/2011 22:06 | Comentarios (0)
Alumnos de 1 de ESO do Carballo Calero de Ferrol, recibiron unha pequena introducción as constelacións e corpos celestes a través do programa Stellarium e despois poideros disfrutar duns marabillosos ceos de inverno dende a observación a simple vista, con prismático e a través do telescopio para coñecer as constelación tanto circumpolares así como a orientación pola estrela Polar como a s típicas de inverno como Orión ou Xéminis ou Tauro, as Pleíades tanto a simple vista como con primáticos e obxectos de ceo profundo como Gran Galaxía de Andrómeda ou a Nebulosa de Orión, e tamén un expléndido Xúpiter coas suas luas galileanas.
Escrito por sghnastronomia el 01/02/2011 21:45 | Comentarios (0)
AMPA de CEIP Cruceiro de Canido, o día 27 de xaneiro de 2011, participaron no programa Coñecendo o Universo. Aínda que o ceo estivo cuberto puídose observar Xúpiter e os seus satélites galileanos a través do telescopio, despois na aula de Reciclaterra realizouse unha presentación dos ceos de inverno a través do programa Stellarium.
Escrito por sghnastronomia el 27/01/2011 22:28 | Comentarios (0)
O Día 25 de xaneiro, alumnos do CEIP Cruceiro de Canido, e algúns dos seus pais, Poideron disfrutar dunha tarde de observación, case de luxo, ao poder disfrutar dun ceo case perfecto, observando a Xúpiter e as súas luas galileanas a si como dúas franxas da súa atmósfera, Orión e a súa Gran Nebulosa, puidose amosar a estrela Polar así como as constelacións circumpolares para podela localizar a Osa Maior e Casiopea, por extensión tamén puídose apreciar a Osa Menor. A vía Láctea vista dun xeito moi notable tamén foi identificada. Completouse a sesión amosando os dous focos principais de contaminación lumínca na zona Ferrol e Coruña, indicando a incidencia nos ceos.
Escrito por sghnastronomia el 25/01/2011 22:40 | Comentarios (0)
O día 20 de xaneiro de 2010, alumnos do IES de Canido achegáronse a Reciclaterra para facer un percorrido polos ceos invernais, aínda que se dispuxo dunha noite cos ceos despexados, entre a Lúa chea e un vento xélido complicou un pouco a observación en directo, polo que alternouse a presentación dos ceos a través do programa "Stellaríum" e a observación polo telescópio, puidendose ver Xúpiter a súa franxa ecuatorial e os seus satélites galileanos, a gran nebulosa de Orión o doble cúmulo de Perseo así como a simple vista un percorrido polas diferentes constelacións e obxectos como as Pleiades ou estrelas tan significativas como Sirio.
Escrito por sghnastronomia el 20/01/2011 22:17 | Comentarios (0)
Alumnos do IES de Canido asistiron hoxe 18 de xaneiro de 2.011 as instalacións de Reciclaterra para participar no programa "Coñecendo o Universo". Comenzou a obsevación a través do telescópio de Xúpiter e os seus catro satélites galileanos, así como unha Lúa case chea que facia imposible ver os detalles da súa superficie; os ceos estaban bastante cubertos polo que continuou coa actividade na aula de Reciclaterra, realizando un percorrido polo ceos de inverno nas nosas latitudes, dende o recoñecemento da estrela Polar, así como as constelacións e as súas lendas e obxectos de ceo profundo como a Gran Galáxia de Andrómea ou a nebulosa de Orión. Rematou a actividade cunha rolda de preguntas dos alumnos.
Escrito por sghnastronomia el 18/01/2011 22:29 | Comentarios (0)
O día 13 de xaneiro de 2011 alumos do IES Concepción Arenal de Ferrol, participaron no programa Coñecendo o Universo 2010-2011. Os ceos estiveron cubertos polo que realizouse unha representación dos ceos de inverno a través do programa Stellarium, viaxando polos ceos correspondentes as nosas latitudes, así como a localización da estrela Polar e as constelacións circumpolares, o movento diurno así como a precesión dos equinocios fixo variar a estrela que indica o norte ao longo dos anos. Aínda que se preparou o telescopio por sin houbese un pequeno claro para ver a Lúa, os ceos non favoreceron podela amosar. Aproveitando a sáida cara o bus de volta para amosar a contaminación lumínica na zona.
Escrito por sghnastronomia el 13/01/2011 22:46 | Comentarios (0)
Coñecendo o universo 17/12/2010 Alumnos de 5º curso de primaria do Colexío Juan de Lángara, puideron ver a través do telescopio os mares e crátes da Lúa, así como a Xúpiter e a tres das súa lúas. A pesares de que o ceo estaba totalmente cuberto, puídose facer unha pequena observación, así como amosar a contaminación lumínica que producen as cidades de Ferrol e Coruña. Dentro das instalacións de Reciclaterra realizouse unha presentación dos ceos de inverno, a través do programa Stellarium, amosando as constelación e as súas lendas, visualizando o movemento diurno e a localización do norte, así como obxectos de ceo profundo como galaxías e nebulosas.
Escrito por sghnastronomia el 16/12/2010 23:22 | Comentarios (0)
Alumnos de 6º de primaria do CEIP Juan de Lángara, aistiron nas instalacións de Reciclaterra a segunda sesión de Coñecendo o Universo, no que puideron observar unha Lúa cinceta maxestuosa agasallandonos cun Halo lunar, tamén puidose observar a Xúpiter e as súas lúas galileanas, o paso dun satélite artificial. Tamén aprendeuse a orientar pola Polar e coñecer a Osa Maior e Casiopea para axuda na súa localización, rematou a sesión cun percorrido polos ceos a través do programa Stellarium.
Escrito por sghnastronomia el 10/12/2010 00:54 | Comentarios (0)
Abriúse a tempada de achegamentos ao universo, cuns ceos en principio cubertos, polo que realizouse unha exposición dos ceos de inverno a través do programa de astronómía de elaboraicón e código libre "Stellarium" amosando os obxectos celestes máis subliñables. Hubo un bo claro no ceo, o que se aproveito para a observación a simple vista e a través do telescopio de Xúpiter e seus catro satélites galineanos, así a estreal Albireo. Realizouse un recoñecimento das constestacións, así como o recoñécento e situación da Polar. Temos que subliñar que os rapaces viñeron moi ben preparados para a obsrvación pois previamente, no instituto, nun planisferio situaron as constelacións e se traballaron as súas lendas
Escrito por sghnastronomia el 26/11/2010 11:55 | Comentarios (0)
O vindeiro día 25 de novembro de 2.010 comenza o programa no que Colabora o Concello de Ferrol , Educación, para o achegar a ASTRONOMÍA aos rapaces dos centros escolares de Ferrol.
Entre as constelacións de Virgo e Corvus Atópase un cúmulo aberto, coñecido como STF 1659. Trátase dun conxunto de seis estrelas, que forman dous triángulos, un pequeno interior e outro máis grande exterior. Algunha das súas estrelas foron catalogadas polo astrónomo alemán Friedrich Georg Wilhelm Struve en 1832, pero o conxunto non queda perfectamente definido ata 1909.
A finais do século XX o astrónomo afeccionado norteamericano John Wagoner, dálle o nome de "Stargate Cluster" Cúmulo da Porta Estelar, debido ao parecido coa porta estelar que utilizaba o heroe de cómic Buck Rogers e os seus amigos, cando cruzaba ao hiperespacio. “Non ten nada que ver coa película ou aserie de televisión do mesmo nome”. Quedando así convertido nun asterismo. Para localizalo uniremos as estrelas Porrima da constelación de Virgo con Algorab da constelación de Corvus, e a un terzo da distancia desde Algorab, un pouco á esquerda atópase o cúmulo STF 1659 Stargate, como podemos observar con detalle no debuxo. As estrelas que o forman son: HIP 61486 de cor amarela e magnitude 6,6. HIP61449 de cor vermella e magnitude 6,7. HIP61466 de cor amarela e magnitude 7,9.HIP 61465 de cor amarela e magnitude 8,3. TYCHO 5531-01190-1 de cor vermella e magnitude 9,1. TYCHO 5531-01564-1 de cor azul e magnitude 11,5. Se o observamos, poderemos descubrir moi preto del, apenas a un grao de arco,un pouco máis arriba e á esquerda, M104, a galaxia do Chapeu. Un conxunto que visto con prismáticos chamaranos a atención, pero que cún telescopio pequeno daranos un fantástico espectáculo.
EFEMERIDES DENOVEMBRO 2010
AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS Referíndonos ao día 15 de novembro ás 24:00 horas e cara ó norte, a Osa Maior comenzaa subir, a media altura Lince e casi na máxima altura Camelopardalis, Casiopeaa topase na súa máxima altura pero comenzando a baixar, casi no zenit Perseo, ainda alta pero baixando Cefeo e Lacerta, na súa posición mais baixa Draco. Cara o sur Triángulo e Aries presiden o céo de novembro, debaixo Cetus, no Horizonte Piscis Austrinus, Formax e Escultor, baixando Piscis, Andromeda e Pegaso, moi baixa Acuario, subindo Eridanus e Lepus. Cara o leste e saindo polo horizonta Monoceros, Canis Maior, Cancer e Canis Minor, a media altura Xéminis e Orión, xa moi altas Tauro e Auriga. Cara ó oeste xa moi baixo o Triangulo do Veran conparte da constelación da Aguia baixo o horizonte, o Golfiño e Equelus moi baixas.
PLANETAS: Saturno en Virgo e con magnitude 1,4, Mercurio en Escorpio e con magnitude -0,25. Xupiter en Piscis e con magnitude -2,3. Marte en Escorpio e con magnitude 1,7. Venus en Virgo e magnitude -3,3. Urano en Piscis e con magnitude 6.
CHOIVAS DE ESTRELAS:
Continuan con nos as Oriónidas ata o día 10. As Tauridas do Norte ata o día 30 cún máximo de 5 por hora o día 13. O día 7 comenzan as Leonidas ata o día 28, cún máximo de 15 por hora o día 18. As Alfa Monocerótidas comenzan o día 15 ata o 25 cún máximo variable o día 21. O día 12 comenzan as Oriónidas de novembro, cun máximo de 3 por hora o día 30. O día 28 comenzan as Phoenícidas de decembro.
A LÚA: Lúa Nova o día 6 ás 04:52. Cuarto Crecente o día 13 ás 16:38. Lúa Chéa o día 21ás 17:27. Cuarto Minguante o día 28 ás 20:36.
COMETAS: 103P/Hartley 2 (2010)en Monoceros e con magnitude 5, pode ser visible cún telescopio pequeno. Os demais teñen magnitudes superiores a 10 que os fan difícilmente observables.
OUTRAS EFEMÉRIDES:
Día 03: Aniversario do lanzamento do Sputnik 2 coa cadeliña Laika (1957).
Día 04: Saturno e a Lúa moi próximos.
Día 05: Venus e a Lúa en conxunción.
Día 07: Mercurio, Marte e a Lúa moi próximos.
Día 09: Necemento do grán astrofísico Carl Sagan (1934).
Día 12: Aniversario da gran tormenta meteóricadas Leonidas (1833) mais de 100.000 por hora.
Día 16: Xupiter e a Lúa moi próximos.
Día 21: Mercurio e Marte moi próximos.
NOTA:HYDRUS (A Cobra de auga), tamén coñecida como a Cobra menor ou a Cobra macho.Tratase dunha constelación moderna do hemisferio sur, das creadas por Pieter Dirkszoon Keyser y Frederick de Houtman, pero é publicada por primeira vez por Johan Bayer no seu libro Uranometria (1603). Pretendía que fose considerada como un complemento de Hydra, unha das constelacións da antigüidade. A súa estrela mais importante é ALPHA HYDRI (A Cabeza da Cobra) de cor amarelo e magnitude 2,9.
Texto: Paulino Gasalla
Escrito por sghnastronomia el 03/11/2010 20:40 | Comentarios (0)
Durante estes últimos anos, na nosa sección de efemérides astronómicas fomos estudando cada unha das constelacións do hemisferio norte, ou aquelas de o sur que vemos totalmente ou unha parte maior ou menor delas.
Para comezar a falar desas constelacións o primeiro que debemos facer, é situar o Polo Sur Celeste, e atopámonos cunha primeira dificultade, xa que nas proximidades do polo sur, non existe ningunha estrela con magnitude adecuada para facelo facilmente identificable, como si temos no norte coa estrela Polar.
Para iso recorreremos como sempre á axuda das constelacións coñecidas, e sen ningunha dúbida a máis coñecida do hemisferio sur é a constelación da Cruz do Sur.Trátase da constelación máis pequena do ceo, pero é fácil de identificar e o símbolo por excelencia dos habitantes do sur. Situada en plena Vía Láctea, rodeada pola constelación de Centauro e formada por catro estrelas principais: ACRUX (Alfa da Cruz) de cor branca e magnitude 0,8. MIMOSA (a flor da acacia) decor azul e magnitude 1,3. GACRUX (Gamma da Cruz) de cor vermella e magnitude1,6. DECRUX (delta da Cruz) de cor azul e magnitude 2,8. Forman no ceo unha cruz, definida así por primeira vez no século XI polo astrónomo árabe Ao-Birunique a chamou Sula (a viga da crucifixión).
Pois ben, para localizar o Polo Sur Celeste, uniremos Gacrux con Acrux, e a distancia que as separa prolongarémola 4,5 veces, o que nos indicará aproximadamente o lugarno que se atopa o sur. Tamén podemos facelo, unindo as estrelas de Centauro Rigel Kent con Hadar, e pola metade dela trazaremos unha perpendicular que nos sinalará a posición do polo, como podemos ver no debuxo. Nas súas proximidades, aproximadamente un grao, atopámonos a estrela Sigma Octantis, na constelacióndo Octante, de cor amarela e magnitude 5,4, o que a fai dificilmente observable, e pouco útil para a identificación do sur. No entanto coñécella como Polaris Australis.
O ceo do sur ábrenos outras posibilidades, completamente diferentes ás do ceo do norte ao que estamos afeitos. Se podemos algunha vez desprazarnos un pouco máis ao sur, por exemplo a Canarias, descubriremos que o ceo segue sendo un mar de sorpresas, sempre diferentes, e sobre todo canto máis ao sur moito mellor.
EFEMERIDESDEOUTUBRO 2010
AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS Referíndonos ao día 15 ás 00:00 horas, cara ao norte, Casiopea aproximase á súa máxima altura e Cefeo xa comenza a baixar, baixando Draco, casi no horizonte a Osa Maior, subindo Lince e camelopardalis e moi alta Perseo. Cara ao sur, é o mes de Pegaso, baixo dela Piscis, Capricornio e Acuario, próximas ao horizonte Piscis Austrinus e Microscopium, e asomando polo horizonte algunas estrelas de Grux e Fenix. Cara ao leste asoman polo horizonte Orión e Xeminis, a media altura Tauro e Cetus, moi alta Aries, Triángulo e Andrómeda casi no zenit. Cara ao oeste, baixando as constelacións do Tiangulo do Verán, moi baixas Hercules e a Coroa Boreal, no horizonte Ofiuco e Serpens Cauda.
PLANETAS: Xupiter en Piscis con magnitude -2,4. Marte en Libra con magnitude 1,7. Saturno en Virgo con magnitude 1,5. Mercurio en Virgo con magnitude -0,5. Venus en Libra con magnitude -2,7. Urano en Piscis con magnitude 5,9.
CHOIVAS DE ESTRELAS:
Continuan con nos as Tauridas do Sur, cún máximo de 5 por hora o día 10. O día 4 comenzan as Oriónidas, cún máximo de 23 por hora odía 22. O día 6 comenzan as Draconidas ata o día 10, cún máximo variabel o día 8. O día 16 comenzan as Epsilón Xeminidas ata o día 27, cún máximo de 2 por hora o día 19. O día 16 comenzan as Leo Minóridas, cún máximo de 2 por hora o día 23. O día 19 as Tauridas Norte.
A LÚA:
Cuarto minguante o día 8 ás 07:33, Lúa Nova o día 15 as 12:02. Cuarto Crecente o día 22 ás 03:32. Lúa Chea o día 29 ás 19:49. (As horas son en TU)
COMETAS:
Tan só o 103P/Hartley2 (2010) con magnitude 5 é visible cún telescopio pequeño. Os demáis teñenmagnitudes superiores a 10, o que os fán dificilmente observables.
OUTRAS EFEMÉRIDES:
Día 3: Venus e Marte moi próximos. En 1582 o Papa Gregorio XIII axusta o calendario Xuliano, denominándose desde entón Gregoriano. Suprime do 4 ao 15.
Día 7: A Lúa e Mercurio moi próximos.
Día 8: Mercurio e Saturno moi próximos.
Día 9: A lúa e Saturno moi próximos.
Día 10: A Lúa é Marte moi próximos.
Día 20: A Lua e Xupiter moi próximos.
Día 25: Mercurio e Venus moi próximos.
Día 31: Aniversario da absolución do Vaticano ao astrónomo Galileo Galilei polo cargo de herexía (1992).
NOTA: A Constelación de DORADO (A Carpa Dorada)É unha das constelacións introducidas polos mariños holandeses Pieter Keyser e Frederick de Houtman entre 1595 e 1597, e nomeada por Bayer non seu libro Uranometria en 1603. Ningunha das súas estrelas é visible desde as nosas latitudes. Era coñecida tamén como o Peixe Espada. As súas estrelas principais son: ALFA DORADUS de cor branca e magnitude 3,3 e BETA DORADUS de cor amarela e magnitude 3,5. Pero a súa característica fundamental é que nela se atopa A Gran Nube de Magallanes, que é unha galaxia do Grupo Local satélite da Vía Láctea.
Texto e foto: Paulino Gasalla
Publicada no Diario de Ferrol, dominical "NORDESÍA" o día 26 de setembro de 2.010
Escrito por sghnastronomia el 29/09/2010 12:40 | Comentarios (0)
Durante o outono se miramos ao sur a media noite, poderemos ver tres constelacións moi diferentes entre si. Pegaso, grande e facilmente localizable, Andromeda pegada á anterior pero máis dificil de identificar, e a pequena constelación do Triángulo. Entre estas dúas, atópase un asterismo singular.Trátase do Pau e A Pelota de Golf. Formado por unha cadea de estrelas brillantes que se estenden desde o noroeste ata o sureste, e que foi definido por primeira vez polo astronomo afeccionado Jhon Davis de Massachusetts USA.
Para localizalo axudarémonos das constelacións de Andrómeda e o Triángulo. Partiremos da estrela Alpheratz primeira de Andromeda no Cadrado de Pegaso. Á súa esquerda atópase a estrela Sadiradra, un pouco máis á esquerda Mirach e un pouco máis Almaak. Por baixo destas dúas últimas atópase a constelación doTriángulo, e se trazamos desde a súa estrela Deltotum, unha perpendicular á recta que une Mirach e Almaak, a metade de camiño atoparémonos cun grupo de estrelas que forman o asterismo do Pau de Golf. Estas estrelas son: HIP 8423 de cor vermella e magnitude 5,9, HIP 8734 de cor amarela e magnitude 6,8, HIP 8805 de cor amarela e magnitude 7,5, HIP 8930 decor vermella e magnitude 6,3, HIP 9001 de cor vermella e magnitude 5,8, 56 Andromeda (HIP 2091) de cor amarela e magnitude 5,7. As tres primeiras forman a varilla e as tres últimas a cabeza, dando forma ao pau de golf, á esquerda destas atópase o cúmulo aberto NGC 752 que contén unhas 70 estrelas con magnitudessuperiores a 9, no en tanto o cúmulo ten unha magnitude de 5,7, sendo este a pelota que o pau parece querer golpear. Este asterismo non deixa de ser outra máis das moitas marabillas que garda un ceo estrelado.
EFEMÉRIDES DESETEMBRO 2010
AS CONSTELACIÓNS E AS ESTRELAS Referíndonos ao día 15 de setembro ás 00:00 horas e cara ao norte, Cefeo na súa máxima altura, baixando Draco e a Osa Maior que xa se atopa moi baixa, no horizonte Lince, subindo Camelopardalis, Cefeo e Casiopea que xa está moi alta. Cara ao sur, preside o ceo a constelación de Capricornio e sobre dela o Golfiño e Equuleus. Baixando as constelacións do Triángulo do Verán Aguia e Ofiuco ainda que o Cisne atopase moi alta coa súa estrela Deneb casi no cenit, subindo Acuario, moi baixas Saxitario e a Coroa Austral, sobre o horizonte Piscis Austrinus. Cara ao leste saindo Cetus e Taurus coas Pleiades sobre o horizonte, a media altura Piscis e Aries, e xa moi alta Pegaso que vai presidir o céo do outono. Cara ao oeste e a media altura Hércules, Ofiuco e Serpens, moi baixa a Coroa Boreal, xa no horizonte Bootes.
PLANETAS: Mercurio en Leo con magnitude –0,2. Xúpiter en Piscis con magnitudes –2,5. Saturno en Virgo con magnitudes 1,5. Venus en Virgo magnitude -4,3. Marte en Virgoma gnitude 1,7. Urano en Piscis magnitude 5,9 CHOIVASDE ESTRELAS:
Continúan con nós as Auríxidas ata o día 4, cun máximo de 7 por hora o día 1.O día 5 comezan as Perseidas de Setembro ata o día 13, cun máximo de 5 por hora o día 9. O día 7 comenzan as Táuridas do Sur.
A LÚA:
CuartoMinguante o día 1 ás 17:22, Lúa Nova o día 8 ás 10:30. Cuarto Crecente o día 15 ás 05:50. Lúa Chea o día 23 ás 09:17 ( As horas son en UT, aplicar o adianto vixente). COMETAS:
103P/Hartley2 (2010) en Pegaso, con magnitude 7. 10P/Tempel2 en Cetus, con magnitude 9. Os demáis cometas teñen magnitudes superiores a 9, polo que a súa observación é moi complicada. OUTRAS EFEMÉRIDES:
Día 7: Mercurio e a Lúa moi próximos2,5º.
Día 9: A Lúa e Saturno a 8º.
Día 11: En 1822 o Santo Oficio autorizaa ensinar a teoría de Copérnico de que a Terra xira arredor do Sol. A Lúa Marte e Venus moi próximos.
Día 13: A Lúa e Marte moi próximos.
Día 16: Venus e a Lúa moi próximos.
Día 20: Venus e a estrela Regulus moi próximos.
Día 23: Ás 03:08 horas TU, a Terra no equinoccio: inicia o outono no hemisferio norte e a primavera no hemisferio sur. Xupiter Urano e a Lúa moi próximos.
Día 29: Venus e Marte moi próximos.
NOTA: PHOENIX (Fenix).É unha das constelacións descritas polos navegantes holandeses Pieter Keyser e Frederck de Houtman no ano 1597, e nomeada por Bayer no seu libro Uranometria en 1603. En mitoloxía representa ao ave lendaria que vivía en Arabia, e que segundo a tradición, consumíase por acción do lume cada 500 anos, e unha nova ave xurdía das súas cinzas. Nas nosas latituides tan só e posible ver unha pequena parte da constelación, casi no horiozonte do sur. A súa estrela mais importannte é ANKAA, tamén coñecida comoNair al Zaurak ou Lucida Cymbae (o brillo do barco). Noutros lugares tamén á coñecida como A Cabeza do Fenix. De cor amarelo e magnitude 2,4.
Texto e debuxo: Paulino Gasalla
Escrito por sghnastronomia el 30/08/2010 17:12 | Comentarios (0)
O día 12 de agosto as 22:00 horas foi a cita na praia de Esmelle para a obsevación das Bágoas de San Lourenzo nos que acudiron unhas 300 persoas, que puideron contar unhas 56 estrelas fugaces en algo máis de duas horas de observación, contalas foi doado só había que oir a xente cada vez que alguén via unha, tanta xente e dificil que se pase algunha sen deixar algunha exclamación. Aínda que o principio todo parecia perdido, pois o ceo atopábase cheo de nubes, foron abríndose cada vez máis grandes claros, poidéndose amosar tanto polos telescopios como a simple vista dende planetas, como Xúpiter e seus catro satélites galileanos, satélites artificais, nun anaco poidemos ver a Lúa cincenta, as constelacións de verán e algúns obxectos de ceo profundo como o Dobre Cúmulo de Perseo ou M31, e a Vía Láctea.
Escrito por sghnastronomia el 17/08/2010 23:21 | Comentarios (0)
VI Semana Náutica Spinnaker 2010 en el muelle de Ferrol
Do 4 ao 8 de agosto a Sección de Astronomía e Contaminación Lumínica da Sociedade Galega de Historía puxo o Sol no punto de mira da edición de SPINNAKER 2010.O noso astro que tanto axudou nas grandes travesias para o calculo da posición dos barcos, amosou a través dun telescopio solar o seu interior, amosando manchas e protuberancias, moi coñecidos por fotografias e reportaxes científicos, pero nesta edición da semana náutica puidose ver en directo.
Escrito por sghnastronomia el 17/08/2010 22:54 | Comentarios (0)
Como todos os anos, a Sociedade Galega de Historia Natural, e este ano en colaboración coa Asociaciónde Vecinos de Esmelle, dentro da súa Semana Cultural. Propón a todos os afeccionados á astronomía, ou a todos aqueles que simplemente gozan mirando ao firmamento, para observar a choiva de estrelas coñecida como as"Perseidas" ou “Bágoas de San Lourenzo”.
Este ano, comezaron o 17 de xullo, e durarán ata o 24 de agosto, o máximo terá lugar o día 13, ás 0100 hora de Greenwich, é dicir ás 0300 hora nosa, espérase un THZ (Taxa Horaria Zenital) de 100 por hora, claro que isto sería en condicións especiais para un observador que se atopase baixo un ceo perfectamente claro e co radiante situado directamente no zenit, polo que dada a situación próxima do radiante ao horizonte do norte, tan só veremos a metade, e aínda que a contaminación lumínica da zona non é moi alta, as moi débiles perderémonolas, polo que calculemos un máximo de 40 por hora. No entanto a noite ofrécenos moito máis, no crepusculo e cerca do horizonte do oeste, poderemos ver cun pouco de sorte a Mercurio, e un pouco máis altos, polo que si poderemos velos, moi preto uns doutros, a Venus, Marte e Saturno. E como colofón a Lúa crecente que con toda seguridade poderemos ver cincenta, é dicir unha parte iluminada polo Sol e o resto iluminada pola Terra, como podemos ver todo un espectáculo natural. Para a observación non é necesario levar nada en especial, tan só roupa de abrigo, pois aínda que non o pareza en agosto e pola noite pode facer moito frio, sobre todo para os nenos. O material de observación, é dicir telescopios e prismáticos, os levará a SGHN. Así que o día 12 de agosto ás 2200, reunirémonos na praia de Esmelle, para poder gozar de algo dificilmente repetible. Tan só hai que ir, e esperar a quea meteoroloxía acompáñenos. A natureza encárgase da posta en escena, e con toda seguridade non sairemos defraudados.
EFEMÉRIDES DE AGOSTO 2010
AS CONSTELACIÓNS E AS ESTRELAS Referíndonos ao día 15 de agosto ás 24:00 horas e cara ao norte, Alta no céo Draco, baixando a Osa Maior, no horizonte Lince, subindo Perseo, Camelopardalis e Casiopea, e moi alta Cefeo. Cara ao sur, o Triángulo de Verán enche o céo de agosto, que xa casi se atopa na súa máxima altura, debaixo o Escudo, Saxitario e a Coroa Austral que se atopa casi no horizonte, asomando polo horizonte Grus, subindo Microscopio e Capricornio, baixando Ofiuco e Libra, moi baixa Escorpio que atopase no horizonte. Cara ao leste, asomando polo horizonte, Aries, Cetus e Pisces, a media altura Pegaso e Acuario, altasEquuleus e Lacerta. Cara ao oeste, baixando Hércules, Coroa Boreale Bootes, baixa a Cabeleira de Berenice e no horizonte Virgo.
PLANETAS: Marte en Virgo, magnitude 1,7. Xúpiter en Piscis, magnitude –2,4. Venus en Virgo, magnitude -4,2. Saturno en Virgo, magnitude 1,4. Mercurio en Leo, magnitude-0,3. Urano en Piscis magnitude 5,9.
CHOIVAS DE ESTRELAS: Continúan con nósas Piscis Austrínidas ata o día 10.. As Delta Acuáridas Sul ata o día 23. As Perseidas ata o día 26, cun máximo de 100 por hora na noite do 12 ao 13. O día 6 comenzan as Kappa Cygnidas ata o día 16, cun máximo de 3 por hora o 14. O día 29 comezan as Alfa Aurígidas.
A LÚA: Cuarto Minguante o día 3 ás 04:59; Lúa Nova o día 10 ás 03:08; Cuarto Crecente o día 16 ás 18:14; Lúa Chea o día 17 ás 17:05;
COMETAS: Tan só o 10P/Tempel 2 con magnitude 9 en Cetus, pode ser visible cuntelescopio pequeno. Os demais teñen magnitudes superiores a 10, polo que a súa observación é moi complicada.
OUTRAS EFEMÉRIDES:
Día 8: Venus e Saturno en conxunción.
Día 12: Choiva de estrelas, as Perseidas(tamén coñecidas como As Bagoas de San Lourenzo) se espera un máximode 100 por hora. A Lúa e Mercurio moi próximos.
Día13: Fantastica conxunción entre a Lúa, Marte, Venus e Saturno.
Día 20: Venus e Marte en conxunción.
Día 27: A Lúa e Xupiter moi próximos.
NOTA: GRUS (a Grulla) Trátase dunha constelaciónsituada ao sur de Piscis Austrinus, constelación á que pertenecian as suas estrelas para os árabes na antigüidade. Foi nomeada polo astrónomo alemán Johan Bayer en 1603 no libro Uranometria, pero é atribuida aos astrónomos Pieter Dirkszoon Keyser y Frederick de Houtman a finais do sáculo XVI, na Edade Media era coñecida como Phoenicopterus (o Flamenco). As súas estrelas mais importantes son: ALNAIR (a luminosa) de cor branco azulado e magnitude 1,7, os chineses a coñecian co nome de Ke. ALDHANAB ( a cola) ou RAS ALKURKI (a cabezada grulla) de cor azul e magnitude 3,0
Texto: Paulino Gasalla
PUBLICADO NO DOMINICAL "NORDESIA" DO DIARIO DE FERROL O DÍA 25 DE XULLO DE 2.010
Escrito por sghnastronomia el 28/07/2010 00:02 | Comentarios (0)
Quen non coñece a constelación de Casiopea? Case todo o mundo que teña unha pequena idea acerca das constelacións que iluminan a noite, atoparán sen dificultade no ceo do norte, a forma de M ou W que caracteriza esta constelación. Pero o que non sabe a maioría, é que relativamente cerca, na constelación de Draco, temos a súa réplica en pequeno, unha mini Casiopea. Para poder localiza la utilizaremos a Osa Menor, trazaremos unha diagonal sobre o cadrado da Osa, desde a estrela Kochab ata Anwar al Farkadain, e prolongaremos unha vez e media máis esta distancia, que nos levará ata as proximidades da estrela Batentaban Borealis da constelación de Draco, e aproximadamente a un grao dela en dirección á estrela Tyl, tal como se aprecia na imaxe, atoparémonos cun grupo de estrelas que forman unha figura similar á de Casiopea, e que recibe o nome deKemble 2 ou Mini Casiopea.
Foi chamada así en honra do astrónomo canadense afeccionado Lucian Kemble. Trátase dun grupo de seis estrelas de magnitudes entre 7 e 8 bastante brillantes e de cor vermella, os seus nomes son: HIP 91039con magnitude 7,50, HIP91163 con magnitude 6,80, HIP 91121 con magnitude 7,34,TYC 4438-981-1 con magnitude 8,35, TYC 4438-942-1 con magnitude 8,50 e TYC4438-1203-1 con magnitude 8,70, entre elas non hai unha relación de proximidade, xa que se atopan a moi diferentes distancias, polo que non podemos consideralas como un cúmulo, tan só son unha casualidade máis do ceo, un asterismo. Para unha boa visión é suficiente cuns bos prismáticos ou cun telescopio pequeno con poucos aumentos. A figura que vexamos enfróntase á súa irmá maior, se as observamos simultaneamente darémonos conta do seu gran parecido, que sen dúbida non deixará de sorprendernos.
Texto: Paulino Gasalla
EFEMÉRIDES XULLO 2010
AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS Referindonos a media noite do día 15: Sobre a Osa Menor atopase aconstelación de Draco na súa máxima altura, subindo Camelopardalis e Casiopea e moi alta Cefeo, baixando e case ocupando todo o ceo do norte a Osa Maior e moi baixa Lince, asomando polo horizonte Perseo. Cara ao sur, presiden o ceo de xullo, a mais alta Hercules, baixo dela Ofiuco con Serpens Cauda e Serpens Caput, sobre o horizonte Escorpio baixando Libra e xa moi baixa Virgo, subindo Saxitario e o Escudo, no Horizonre a Coroa Austral, o Lobo e algunhas estrelas de Norma. Cara ao leste saíndo polo horizonte Capricornio, Acuario, Pegaso e Andtrómeda, a media altura as constelacións do Triángulo do Verán, que se dirixen a ocupar a súa posición preponderante do ceo de agosto. Cara ao oeste baixando a Coroa Boreal e Bootes,no horizonte Leo e Leo Minor.
PLANETAS: Xúpiter en Piscis con magnitude –2,6. Marte en Leo con magnitude 1,0. Saturno en Leo con magnitude 1,0. Venus en Leo con magnitude –4,7. Mercurio en Cancer con magnitude -1,8. Urano entre Piscis con magnitude 5,8.
CHOIVAS DE ESTRELAS: Continúan con nós as Boótidas de xuño até o día 2.
O día 11 comezan as Alfa Capricórnidas cun máximo de 4 por hora o día 28. O día 21 comezan as Delta Acuaridas cun máximo de 20 por hora o día 30.
O día 15 comezan as Piscis Austrinidas cun máximo de 5 por hora o día 28. O día 13 comezan as Perseidas,que terán o seu máximo no mes de agosto.
A LÚA:
Cuarto Minguante o día 4 ás 14:35. Lúa Nova o día 11 ás 19:41. Cuarto Crecente o día 18 ás 10:11. Lúa Chea o día 26 ás 01:37.
ECLIPSES: O día 11 teremos unha eclipse total de Sol no Pacifico sur, e no sur de Chile e Arxentina. COMETAS: o C/2009 R1 McNaugt con posible magnitude2 na constelación de Xeminis, pode ser visto con prismáticos os primeiros días do mes depois do solpor, ten unha impresionante cola verde e outra ionizada. Os demais teñen magnitudes que os fan dificilmente observables.
OUTRAS EFEMÉRIDES: Día 3: A Lúa e Xupiter moi próximos.
Día 12: A Lúa e Mercurio moi próximos.
Día 14: A Lúa e Venus moi próximas.
Día 16: A Lúa atoparase entre Marte e Saturno. Día 20: Aniversario da chegada de Neil Armstrong á Lúa (1969). Día 31: Gran espectáculo no céo, pouco despois do solpor e cara ao oeste,poderemos ver moi próximos a Saturno e Marte, un pouco mais abaixo Venus e se océo está claro un pouco por riba do horizonte Mercurio. Duas horas despois e cara ao leste a Lúa e Xupiter moi próximos.
NOTA: "NORMA" a Regra ou a Escuadra, tamén chamada o Nivel, tratase de unha das constelacións descritas por Nicolas Lacaille en 1752, con estrelas das constelacións de Lupus, Ara e Escorpio. Deulle este nome en honra á regla que usaban os carpinteiros nos buques do descubremento. As suas estrelas mais importantes son: GAMMA 2 NORMAE de cor amarelo e magnitude 4,01. EPSILON NORMAE de cor azul e magnitude 4,45.
Texto e foto: Paulino Gasalla
Publicado no dominical "Nordesía" no Diario de Ferrol do día 27 de xuño de 2.010
Escrito por sghnastronomia el 27/06/2010 23:41 | Comentarios (0)
Quen non viu algunha vez un arco da vella? Practicamente todo o mundo, sobre todo en Galicia, pero o que xa case ninguén viu é un arco da vella de lume, e se algunha vez o vimos, con toda seguridade non o identificamos como tal. Pois mira por onde, o pasado domingo, as persoas que se atopasen na Costa daMorte, puideron gozar da visión dun deles, grande e espectacular en colorido,como así lles ocorreu a dous membros da SGHN, que estaban en Camariñas. O fenómeno comezou sobre as 13:30 e logrouse ver por espazo duns ccincuenta minutos, ocupando un gran espazo do ceo do sur. O que se pode ver nas fotografías é un dos fenómenos atmosféricos naturais máis raros eespectaculares, extremadamente difíciles de ver. Prodúcense por unha coincidencia estrana dos raios do sol con nubes que se deben de atopar a unha altura determinada, co sol reflectindo sobre elas. Prodúcese só coas seguintes condicións meteorolóxicas: Que as nubes sexan do tipo cirros, xeralmente cirroestratos, e que se atopen a unha altura aproximada de 6500 metros, cargadas de cristais de xeo de forma hexagonal en forma de placa e aliñados horizontalmente para refractar a luz do Sol adecuadamente, coma se tratáse dun prisma xigantesco. Que o Sol atópese polo menos a 58 graos de altura e que o observador ete situado na posición adecuada para poder percibir o reflexo. Que as temperaturas en capas altas da atmosfera sexan moi baixas, por iso son máis frecuentes en países de clima frio, pero nunca máis ao norte ou ao sur de 55º de latitude, e os avistamentos serán máis probables canto máis cerca atopémonos do solsticio de verán.
É un fenómeno de tipo arco da vella, no sentido de que ten as cores del, pero asúa forma é moi diferente, xa que aparentemente parece coma se unha parte do ceo ardese en chamas de cores, de aí o nome “arco da vella de lume”. O seu nome científico é arco circunhorizontal que é un fenómeno óptico similar en aparencia a un arco da vella horizontal, pero se diferencia en que é causado pola refracción de luz a través dos cristais de xeo dos cirrus. As fotos que vemos corresponden ao pasado domingo día 6, desde o atrio dai grexa de San Xurxo de Camariñas, o fenómeno puido ser observado por gran cantidade de persoas, xa que era día de primeiras comuñóns e o lugar estaba moi concorrido. A todo o mundo sorprendeulle a espectacularidade, e considerábano coma se fose unha parte dun arco da vella normal, aínda que lles sorprendía aforma e as dimensións, así como a intensidade das cores. Durante case unha hora púidose gozar deste extraordinario espectáculo natural, que con toda probabilidade seranos difícil volver gozar coa calidade con que nos sorprendeueste “Arco da vella de Lume”.
Texto:Paulino Gasalla
Publicado no dominical "Nordesía" do Diario de Ferrol do día 13 de xuño de 2.010
Escrito por sghnastronomia el 14/06/2010 21:45 | Comentarios (0)
O ceo non deixa de mostrarnos pequenas sorpresas ocultas entre os miles de estrelas que enchen unha noite de comezos do verán. Hoxe referímonos ao asterismo coñecido como Picot 1, tambien chamado Napoleon’shat (Chapeu de Napoleon) ou Emperor’s hat (Chapeu do Emperador). Consiste nun grupo de sete estrelas de magnitudes entre 9,4 e 10,6, moi próximas á estrela Arturus na constelación de Bootes (o condutor dos bois). Para localizalo tan só teremos que prolongar un pouco as lineas que unen a estrela Izar ou a estrelaRho Bootis con Arturus, e baixo ela a menos de 45’ de arco atópase Picot 1.
Este asterismo foi descrito recentemente polo astrónomo afeccionado francés Fulbert Picot que lle deu o nome do Chapeu do Emperador ou o Chapeu deNapoleón, polo parecido co típico chapeu usado en Europa e América, sobre todo entre os militares, a finais do século XVIII e principios do século XIX, unha evolución do anterior tricornio, nesa época convertido en bicornio. As súas estrelas son: TYC 1472-320-1 de magnitude 9,8. TYC 1472-718-1 de magnitude 9,4. TYC 1472-162-1 de magnitude 9,7. TYC 1472-684-1 de magnitude10,6. TYC 1472-305-1 de magnitude 9,5. TYC 1472-83-1 de magnitude 9,4. TYC1472-330-1 de magnitude 10,4. Non gardan ningunha relación de proximidade entre elas, xa que se atopan a diferentes distancias. A súa única relación é a figura aparente que forma no ceo. A súa localización non é dificultosa, xa que se atopan moi preto de Arturus, pero esa proximidade, e dada a luiminosidad da estrela pode facela máis custosa se utilizamos uns prismáticos, pero nunca sairemos defraudados se o facemos cun pequeno telescopio.
EFEMÉRIDES ASTRONOMICAS XUÑO 2010
AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS
Referíndonos ao día 15 de xuño ás 24:00 horas e cara ao norte, alta no ceo Draco que se atopa na súa máxima altura, baixando a Osa Maior e Lince, moi baixa Camelopardalis e no horizonte Perseo,Casiopea comenza a subir, a media altura Cefeo. Cara ao sur e preside o ceo de xuño Bootes e a ambos lados a Coroa Boreal e Comma Verenice, baixo delas Virgo, Corvo e Libra,asomando polo horizonte Escorpio, Centauro e Lupus. Cara ao leste e a media altura o Triángulo do Verán que enche o ceo do leste e ao seu carón Ofiuco, SerpensCauda e Serpens Caput, subindo o Golfiño e Equuleus, no horizonte Saxitario, Lupus e Centauro. Cara ao oeste a media altura Leo, baixo dela Sextante e no horizonte Cancer e a Hydra.
PLANETAS:
Venus en Cancer con magnitude -4,4. Saturno en Virgo con magnitude 0,9. Xupiter en Piscis con magnitude -2,4. Mercurio en Tauro con magnitude -2,2.Marte en Leo con magnitude 0,8.Urano en Piscis conmagnitude 5,8.
CHOIVAS DE ESTRELAS:
O día 22 comenzan as Bootidas de xuño,cun máximo variable o día 27. O día 20 comenzan as Delta Piscidas cun máximo de2 por hora o día 23.
A LÚA:
Cuarto Minguante o día 4 ás 23:13. Lúa Nova o día 12 ás 11:15. Cuarto Crecente o día 19 ás 04:29. Lúa Chea o día 26 ás 11:30.
COMETAS:
C/2009 R1 (McNaught) poderá ser visto entre o 13 e o 18 de xuño con magnitude 2 na constelación de Perseo. Os cometasC/2009 K5 (McNaught) con magnitude 9 en Camelopardalis, e 10P/Tempel 2 conmagnitude 9 en Acuario, poderán ser observables mediante un telescopio pequeno. Os demás teñen magnitudes demasiadoaltas para poder observalos.
ECLIPSES:
O día 26 eclipse parcial de Lúa non visible desde Galicia. Tan só será visible en Australia, parte de Sudamerica e parte de Asia.
OUTRAS EFEMÉRIDES:
Día 6: A Lúa e Xupiter moi próximos.
Día 8: Urano e Xupiter moi próximos,non obstante seran visibles moi próximos durante todo o més.
Día 11: A Lúa e Mercurio moi próximos.
Día 15: A Lúa e Venus moi próximos.
Día 17: A Lúa e Marte moi próximos.
Día 19: A Lúa e Saturno moi próximos:
Día 21: Ás 12:29 horas, comenza o verán no hemisferio norte.
Día 30: En 1908 caeron en Tunguska(Siberia), os restos dún cometa. O último gran impacto sobre a Terra dun obxeto procedente do espacio.
NOTA: A constelación de TELESCOPIUM (OTelescopio) é unha constelación de mediana do tamaño do hemisferio sur, con estrelas de pouca magnitude, situada entre as constelacións de Saxitario, Coroa Austral, Ara, Indus e Pavus.Tratase dunha das costelacións descritas por La Caille no século XVIII, non ten mitoloxia, e representa os telescopios modernos para as observacións astronómicas. As suas estrelas mais importantes son: ALFA TELESCOPII de cor azul e magnitude 3,5. IOTA TELESCOPII de cor vermelloe magnitude 4,9. LAMDA TELESCOPII de cor azul e magnitude 4,9.
Texto e debuxo: Paulino Gasalla
Escrito por sghnastronomia el 07/06/2010 16:01 | Comentarios (0)
O pasadodía 16 de maio, pouco despois do solpor, puidemos gozar dun belo espectáculo, a Lúa Cincenta, moi próximo o planeta Venus, e coma se fosen os seus gardiáns, as estrelas de Xeminis Tejat e Propus.
Escrito por sghnastronomia el 18/05/2010 00:56 | Comentarios (0)
O ceo nocturno non deixa de ofrecernos pequenos tesouros que sorprenderon aastrónomos de todos os tempos. Falamos hoxe dun asterismo coñecido como TEREBELLUM. Trátase dun grupo de catro estrelas de quinta magnitude, situadas na cola do centauro da constelación deSaxitario. Para atopalas uniremos a estrela Antares na constelación de Escorpio, con Kaus Media na constelación de Saxitario, e prolongamos a mesma distancia que as separa, que nos levará directamente sobre o asterismo de Terebellum. Seguramente se trate do grupo de estrelas que no século segundo foron nomeadas por Ptolomeocomo Tetrapleurón. No século XVII o astrónomo alemán Bayer, denomínaas definitivamente Terebellum, seguramente polo parecido coa cuncha do molusco gasterópodo mariño Terebellum Terebellum que se atopa na costa norte deAustralia. Os chineses tamén coñecian este asterismo co nome de Kow Kwo (can do pais). As catro estrelas que forman o Terebellum atópanse aparentemente moi xuntas,estando separadas por non máis de dous graos de arco, pero entre elas non existe ningún tipo de relacción gravitacional, xa que se atopan a distancias moi diferentes. Os nomes das estrelas e as súas caracteristicas son: Omega Sagittarii de cor amarela laranxa con magnitude 4.7 , a unha distancia de 77.6 anos luz da Terra, é a máis próxima das catro, atópase na esquina nordeste. 59 Sagittarii de cor vermella e magnitude de 4.5, a unha distancia de preto de 1200 anos luz da Terra, atópase na esquina sureste. 60 Sagittarii de cor amarela laranxa e magnitude 4.8, a unha distancia de 340 anos luz da Terra,atópase na esquina noroeste e é a máis débil das catro. 62 Sagittarii de cor vermella e magnitude 4.43, a unha distancia de 448 anos luz da terra, atópase na esquina suroeste e é a máis brillante das catro.
A observación do Terebellum non nosdeixará indiferentes, xa que para atopalo teremos que pasar polo impresionante centro da nosa galaxia, A Vía Láctea.Milesde estrelas de todas as cores, cúmulos abertos, nebulosas, etc, a primeira ollada ou cuns simples prismáticos. Con toda seguridade non sairemos defraudados..
EFEMERIDES DEMAIO
AS CONSTELACIÓNS E AS ESTRELAS
Referíndonos ao día 15 de maio ás 24:00 horas e cara ao norte, comenza a baixara Osa Maior ainda que Alkaid atopase no zenit, a media altura Lince e moi baixaCamelopardalis, na minima altura Casiopea, e Lacerta e Perseo asomando polohorizonte, subindo Cefeo e Draco, e casi no zenit Canes Venatici. Cara ao sur atopamonosno mes de Virgo e sobre ela Coma Berenices,asomando polo horizonte algunhas estrelas de Centauro e de Lupus,subindo Bootes e Libra, asomando polo horizonte Escorpio, baixando CorvusCrater e Hydra, moi baixa Antlia. Cara ao leste asomando polo horizonte Aguia,Saxita , Vulpecula e Cisne, a media altura Ofiuco, Serpens Cauda e SerpensCaput, bastante alta Hercules, e moi alta a Coroa Boreal. Cara ao oeste comenzaabaixar Leo, bastante baixa Cancer, casino horizonte Xeminis e Canis Minor, no horizonte Monocereos.
PLANETAS: Venus en Tauro magnitude -4,2. Saturno en Virgo magnitude 0,5. Xupiter en Piscismagnitude -2,2. Marte en Leo magnitude 0,5. Mercurio en Piscis magnitude-1,2. Saturnoen Virgo magnitude 0,8. Urano en Piscis magnitude 5,9. CHOIVAS DE ESTRELAS
Continúan con nós as EtaAcuáridas ata o día 21 cun máximo de 60 por hora o día 7. Do 6 ao 13 as EtaLyridas, cún máximo de 3 por hora o día 10.
A LÚA:
Cuarto Minguante o día06 ás 04:15, Lúa Nova o día 14 ás 01:04, Cuarto Crecente o día 20 ás 23:43, LúaChea o día 27 ás 23:07.
COMETAS:
C/2009 R1 (McNaught) enPegaso con magnitude 6. C/2009 K5 (McNaught)na Osa Menor e magnitude 8. Osdemáis cometas deste més teñen magnitudes que os fan dificilmente observables. OUTRAS EFEMÉRIDES:
Día 7: Día do Espazo.
Día 9: A Lua e Xupiterpróximos.
Día 11: En 1916publícase a Teoría Xeral Da Relatividade de Albert Einstein.
Día 12: A Lua e Mercuriomoi próximos.
Día 15: En 1618 oastrónomo Johannes Kepler formula a terceira e última Lei que leva o seu nome,referida ao movemento dos planetas.
Día 16: A Lua e Venusmoi próximos.
Día 20: A Lua e Martemoi próximos.
Día 23: A Lua e Saturnomoi próximos.
Día 29: En 1919 duranteunha eclipse total de Sol, Sir Arthur Eddington confirma a curvatura da luzprevista na Teoría Xeral da Relatividade.
NOTA: INDUS (Indio). É unhaconstelación do hemisferio sur, tan só algunhas das súas estrelas son visiblesno horizonte do sur durante o mes de maio antes do amencer. Creárona osnavegantes holandeses Pieter Keyser e Frederick de Houtman a finais do séculoXVI. Seguramente representa aos indios da Patagonia. As súas estrelas máisimportantes son: ALFA INDUS de cor vermella e magnitude 3,1, e BETA INDUS decor vermella e magnitude 3,6.
Texto e debuxo: Paulino Gasalla
Publicado no dominical "Nordesía" do DIARIO DE FERROL do día 25 de abril de 2.010
Escrito por sghnastronomia el 26/04/2010 20:31 | Comentarios (0)
Venus e Mercurio pode verse despois do solpor baixando cara o oeste, resulta interesante pola propia conxunción, e que coincide nesta data o máximo aloxamento o norte de Mercurio. Esto so pretende ser unha guía para asomarse pola fiestra e ver en directo este espectáculo
Tomada dende Narón (Coruña) o día 07 de abril as 22:00B (hora local)
Escrito por sghnastronomia el 09/04/2010 21:41 | Comentarios (0)
Ultimamente podemos ver que en Ferrol se empeza a iluminar mellor, repúxose oalumado público nalgunhas rúas e barrios, con evidente acerto. Sirva como mostra o barrio de Argüelles, que a pesar do seu evidente abandono e destrución, se o visitamos pola noite chéganos ata a sorprender, xa que unha moi adecuada iluminación, bastante respectuosa coa idea de evitar a contaminación lumínica e mellorar o medio ambiente, invitaranos a pasear a contorna. Algo parecidopódese ver na Praza de España, onde se substituíron luminarias altamentecontaminantes (barras verticais), por outras coa boca do reflector orientadacara ao chan e co cristal de peche plano e sen sobresaír, o que as fai moi eficientes e con adecuado rendemento.
Para que estas medias e outras tamén acertadas en materia de iluminación,adoptásense, foron moitas as queixas e protestas que desde a SGHN efectuáronse nos últimos anos, ata conseguir que se nos solicitase información sobre unha correcta iluminación. Fomos chamados desde a Concellería de Medio Ambiente, recomendándolles que para garantir que o modelo de luminaria e lámpada a elixirsexa eficiente, deberían limitarse a facer a elección de entre as que figuranna lista de luminarias certificadas, de diferentes marcas e modelos, quefacilita a Oficina Técnica para a Protección da Calidade do Ceo, do Instituto Astrofísico de Canarias, o que consideramos fixeron, con resultados evidentes. Falta aínda moito camiño por percorrer, xa fora do ámbito municipal, dado que omaior foco de contaminación, non son as luces dependentes do concello, senón asxigantescas luminarias que se atopan evidentemente mal direccionadas no Arsenal, Navantia e o Porto, desexando que se tomen medidas para corrixir os despilfarros evidentes que se están realizando. Ante o cambio que se efectuou no posto de Concelleiro de Medio Ambiente,queremos animar ao novo edil a que continúe o camiño emprendido, o que non dubidamos quefará. E xa se sabe “candose quere pódese”.
Paulino Gasalla
EFEMERIDES DEABRIL 2010
AS CONSTELACIONS E ASESTRELAS Refiriendonos ao día 15 de abril ás 24:00 horas, mirando ao norte: A Osa Maior preside o céo do norte cando a primavera comenza, comenzando a subir Cefeo e xa moi alto Draco, baixando Lince e Camelopardalis e Casiopea, no horizonte Lacerta.Mirando ao sur: É o mes de Leo que preside o ceo de abril, baixo dela Sextans,Hidra, Crater, Antlia e Pyxis, no horizonte parte de Vela e Pupis, que xunto con Carina forman a antiga constelación de Argo Navis, subindo Virgo e Corvus,baixando Cancer, Canis Minor e Monoceros. Cara ao leste saindo polo horizonte Ofiuco, subindo Hercules e a Coroa Boreal, moi alta Bootes. cara ao oeste ebaixando Xeminis, tocando o horizonte Orión e Tauro que xa nos deixan ata o outono.
PLANETAS: Marte en Cancer magnitude 0,6. Saturno en Virgo magnitude 0,7. Xupiter en Acuario magnitude –2,1. Venus en Aries magnitude –4,1. Mercurio en Aries magnitude -1,4.Urano en Piscis magnitude 5,9.
CHOIVAS DE ESTRELAS:
O día 16 comenzan as Líridas cún máximo de 18 por hora o día 22, rematan o día 25. O día 15 comenzanas Pi Pupidas cún máximo variable 0 día 23, rematan o día 28. O día 28 comenzanas Eta Acuaridas.
A LÚA:
Cuarto Minguante o día 6 as 09:37. Lúa nova o día 14 as 12:29.
Cuarto crecente o día 21 as 18:20. Lúa chea o día 28 as 12:19.
COMETAS:
C/2009 K5 (McNaught)en Cisne con magnitude 8. 81P/Wild 2 (2010) en Virgo con magnitude 9. C/2009 O2 (Catalina) en Tauro con magnitude 9. Poden ser vistos cún telescopio pequeño, os demais teñen unhas magnitudes que os fan dificilmente observables.
OUTRAS EFEMÉRIDES:
Día 11: A Lúa e Xupiter moi próximos.
Día 12: En 1961 Yuri Gagarin convértese no primeiro home que sae ao Espazo.
Día 15: A Lúa e Mercurio moi próximos.
Día 16: A Lúa e Venus moi próximos.
Día 17: Fermosisima conxunción de Marte e o cúmulo do Pesebre na constelación de Cancer. Tamén podeser visible os días 15, 16, 18 e 19.
Día 22: A Lúa e Marte moi próximos.
Día 25: A Lúa e Saturno moi próximos.
NOTA: A constelación de CARINA (a Quilla). Forma parte do que foi a antiga gran constelación de "Argo Navis" que conmemoraba a nave utilizada por Jasón e os Argonautas no seu periplo á procurado Bellocino de Ouro. Ningunha das suas estrelas é visible desde as nosas latitudes. As mais importantes son: CANOPUS (O Comandante das naves de Menelaona guerra de Troia) de cor branco e magnitude -0,7, é a segunda estrela mais brillante do céo despois de Sirius. MIAPLACIDUS (Augas tranquilas) de corazul-branco e magnitude 1,7. AVIOR (en commemoración de “The Air Almanac da RAF”en 1936) tratase de unha binaria, unha de cor vermello e outra de cor azul e demagnitude 1,9. ASPIDISKE (o escudo pequeno), tamén chamada Scutulum, de cor branco e magnitude 2,2.
Texto: Paulino Gasalla
Publicado polo Diario de Ferrol no dominical "Nordesía" do día 28 de marzo de 2.010
Escrito por sghnastronomia el 30/03/2010 14:31 | Comentarios (0)
O día 23 de realizouse un obradoiro de astronomía na biblioteca da Asociación Cultural Columba en Cobas (Ferrol-Coruña). A actividade consistiu nunha presentación dos ceos de inverno subliñando a constelación principal do inverno, Orión e a súas lendas, a continuación os rapaces fixeron en cartulina esta constelación.
Escrito por sghnastronomia el 25/03/2010 09:10 | Comentarios (0)
PUNTEIROS CELESTES COLLINDER 399, CUMULO DA PERCHA
O ceo nocturno non deixa de ofrecernos imaxes cheas de beleza e ás vecessimplemente curiosas. Se miramos cara ó Triángulo do Verán no seu lado dereito,podémonos atopar cun grupo de estrelas que visualmente presentan o aspectodunha percha, unha liña recta de seis estrelas, cun gancho de catro estrelas nolado do sur. A primeira pregunta que nos asalta é:Éesta percha un cúmulo estelar ou un asterismo? Medicións tomadas con granprecisión desde distintos puntos da órbita que a Terra percorre ao redor doSol, revelaron desprazamentos angulares discrepantes que indican que o queparecía un cúmulo é, en realidade, un asterismo. Este coñecido asterismo sitúase na constelaciónde Vulpecula, a Raposa. Componse dunhas 10 estrelas de entre 5ª e8ª magnitude que forman a característica forma de percha de roupa, cerca dobordo esquerdo da imaxe distínguese un verdadeiro cúmulo aberto de estrelas:NGC 6802.
Quen primeiro fai unha descrición é o astrónomo persa Abd Al-Rahman Al Sufi, noseu Libro das Estrelas Fixas escrito no ano 964. No século XVII é redescubertopolo astrónomo italiano Giovan Battista Hodierna. Coñéceselle como Cúmulo de Al Sufi, Cúmulo de Brocchi, (polo astrónomoafeccionado que en 1920 catalogouno para fotometría), Collinder 399, (polocatálogo de Per Collinder, astronomo sueco que en 1931 fixo un catálogo decúmulos abertos) e como "coathanger cluster" percha en inglés Para localizalo, uniremos as estrelasVega e Sulafat na constelación da Lira con Altair na constelación daAguia, e na metade do camiño entre Sulafat e Altair, atoparémonos co asterismoda Percha. A súa observación, cuns simples prismáticos, non deixará de sorprendernos, xaque nos permitirá descubrir outro dos pequenos tesouros que garda a noiteestrelada.
TextoPaulino Gasalla
EFEMERIDES DEMARZO 2010
AS CONSTELACIONS E ASESTRELAS Referíndonos ao día 15 de marzo ás 24:00 horas e cara ó norte, chegando á súamáxima altura a osa Maior, subindo Draco, baixando Lince, Camelopardalis ePerseo, moi baixa Casiopea, casi no horizonte Cefeo. Cara o sur Leo xa presideo céo da primavera, ao seu carón Cancer que xa comenza a baixar, baixo delas aHidra, o Sextante, a Máquina neumática e a Brúxula, no horizonte a Vela e aPopa. Cara ao leste asomando polo horizonte Serpens Cauda, ainda moi baixaHercules, a media altura Bootes, Libra e a Coroa Boreal, xa alta a Cabeleira deBerenice. Cara ao oeste baixando Xeminis, Auriga, Monoceros e Canis Minor, moibaixas Orión e Canis Maior, no horizonte Tauro.
PLANETAS: Marte en Cancer e magnitude 0,05. Saturno en Virgo e magnitude 0,97. Xupiter enAcuario e magnitude -1,59. Venus en Piscis e magnitude -3,6. Mercurio en Piscise magnitude -0,9. Urano en Piscis e magnitude 6,13, imposible de ver xa que seatopa moi cerca do Sol. CHOIVAS DE ESTRELAS:
Continúan connosco asGamma Normidas ata o día 21 cún máximo de 5 a 9 por hora o día 14.
A LÚA:
Cuarto Minguante o día 7ás 15:42, Lúa Nova o día 15 ás 21:01, Cuarto Crecente o día 23 ás 11:00, LúaChea o día 30 ás 02:25.
COMETAS: C/2009 O2 (Catalina) en Andrómeda con magnitude 7, C/2009 K5 (McNaught) naconstelación da Aguia con magnitude 8,C/2007 Q3 (Siding Spring) en Draco con manitude 9 e81P/Wild 2 (2010) en Cetus con magnitude 9,poden ser visibles cún telescopio pequeno. Os demais teñen magnitudes que osfan dificilmente observables.
OUTRAS EFEMÉRIDES:
Día 4: Venus e Urano moipróximos. Aniversario do descubrimento do planeta Urano polo astrónomo inglésWilliam Herschel (1781).
Día 8: Mercurio eXupiter moi próximos.
Día 15: Mercurio e Uranomoi próximos.
Día 20: Ás 0418:28horas, a Terra no equinoccio: inicia a primavera no hemisferio norte e o outonono hemisferio sur.
Día 25: A Lúa e Martemoi próximos.
Día 29: A Lúa e Saturnomoi próximos.
NOTA: A constelación da VELA (As Velas) é unha constelacióndo hemisferio sur, tan só podemos ver un acaco moi pequeño no horizonte. Natradición astral, Vela constituira o velamen do barco dos Argonautas “ARGONAVIS”, unha costelación da antigüedade que en 1763 Lacaille converteu en tres,Carina, Pupis e Vela. As suas estrelas mais importantes son: REGOR (Roger aorevés) tamén chamada Suhail al-Muhlif, de cor branco e magnitude 1,75. KOO SHE(arco e frecha) de cor branco azulado e magnitude 1,9. MARKEB (o barco) taménchamada Markab como Alpha Pegaso, de cor azul e magnitude 2,5. ALSUHAIL (aluminosa das pesas) tamén chamada Suhail, de cor vermello e magnitude 2,2. TSEEN KE (o triunfo do céo) de cor branco emagnitude 3,5.
Texto: Paulino Gasalla
Publicado no "DIARIO DE FERROL" apartado "NORDESÍA" do día 28 de febreiro de 2.010
Escrito por sghnastronomia el 01/03/2010 11:53 | Comentarios (0)
Doce rapaces e tres profesoras do CEIP de Pazos puideron ver a Lúa crecente a través do telescopio, era unha ledicia oir os comentarios dos rapaces polas imaxes do noso satélite, como aínda había moita luz comenzouse cunha presentación dos ceos co programa Stellarium no que os rapaces coñecian moitos dos detalles dos seres mitolóxicos representados nas constelacións dos nosos ceos: Pegaso, Perseo, Casiopea, Cefeo, Andrómeda e Cetus vinculadas pola a súa lenda. Orión "o cazador", e Tauro xunto con Sirio (Da que un rapaz comentou un conto dun vagalume que namorouse desta estrela). Aínda que non tivemos unha noite despexada, uns anacos de ceo premitiron unhas tímidas constelacións que se ocultaban polas nubes rematando a edición de Coñecendo o Universo do curso 2.009/2.010
Escrito por sghnastronomia el 18/02/2010 21:59 | Comentarios (0)
Segundo grupo de rapaces (uns 35) do colexio Saturnino Montojo ahegáronse o monte Marraxón, nas instalación de Reciclaterra, poidendo coñecer en directo as constelacións observables nesta época nas nosas latitudes, dende a Osa Menor ata Orión, conxuntos de estrelas como as Pléiades, e galaxía como M31 (a gran galaxía de Andrómeda) a galaxía de Orión e un impresionate Marte. Comezouse cunha presentación informática como introducción ó que máis tarde se observou.
Escrito por sghnastronomia el 11/02/2010 22:20 | Comentarios (0)
Hoxe 19 alumnos de bacheralato do IES Saturnino Montojo, realizaron un percorrido polos ceos do inverno a través do programa Stellarium, continuando cunha presentación informática e rematando cunha sesión de preguntas sobre os misterios dos nosos ceos.
Escrito por sghnastronomia el 04/02/2010 21:26 | Comentarios (0)
Unha das zonas máis áridas do ceo, debido á falta de estrelas brillantes, é acomprendida dentro do cadrado formado polas estrelas Polar (Osa Maior), Capella(Auriga), Seguín (Casiopea) e Muscida (Osa Maior). No seu interior atópase aconstelación de Camelopardalis (O Camelo ou A Xirafa), pouco conspicua edifícil de identificar. A súa estrela máis brillante é Beta Camelopardalis, queapenas alcanza a cuarta magnitude. Ten uns poucos cúmulos abertos, pero ten unobxecto de ceo profundo visible con prismáticos, un asterismo coñecido como AFervenza de Kemble.
Recibe este nome en honra ao home que por primeira vez observouna, ofranciscano Lucien J. Kemble, un astrónomo afeccionado canadense, que en 1980escribiu a Walter Scott (da revista Sky and Telescope), comunicandolle queatopara unha fermosa fervenza de débiles estrelas caendo desde o noroeste ata ocúmulo aberto NGC 1502 na constelación de Camelopardalis, mentras estudaba océo cúns prismáticos de 7x35. Walter Scott decidiu nomear ao asterismo como aFervenza de Kemble, e desde entón coñécese con este nome.
Este asterismo esta formado por unhas20 estrelas case aliñadas, entre a sexta e a novena magnitude cunha de cinco nomedio, abarcando estre 2,5 e 3 graos de arco, é dicir unhas cinco lúas cheas.Móstranse como nunha cadea na mesma dirección que a Via Láctea. Para localizala usaremos a constelación de Casiopea, uniremos as estrelas Caph(Beta Cassiopeiae) con Seguin (Epsilón Cassiopeiae) e prolongaremos esta rectaoutro tanto como a distáncia que separa ás dúas estrelas, e levaranosdirectamente ao comezo da Fervenza de Kemble, no centro da mesma atoparémonoscoa estrela máis brillante do grupo HIP 1805 ou SAO 12968 de magnitude 4,95,finaliza no cúmulo aberto NGC 1502.
Uns simples prismáticos permitirannosgozar dun espazo de ceo pouco coñecido, pero con sorpresas ocultas.
Texto: Paulino Gasalla
EFEMERIDES DEFEBREIRO 2010
AS CONSTELACIONS E ASESTRELAS
Referíndonos á media noitedo día 15 de febreiro e cara ao norte subindo e a media altura a Osa Maior ecomenzando a subir Draco, Lince casi na súa máxima altura, comenza a baixarAuriga, Camelopardalis e Perseo a media altura, xa moi baixa Casiopea e nohorizonte Cefeo. Cara ao sur preside o céo de febreiro Xéminis, baixo dela CanisMinor, Monoceros e Canis Maior, subindo Cancer e a cabeza da Hydra, baixando Orión.Carao leste, Leo xa dirixíndose a ocupar a súa posición preminente na primavera, subindoComa Venenice, no horizonte Virgo, Crater eBootes . Cara ó oeste xa moi baixaTauro e Aries, no horizonte Cetus e Piscis.
PLANETAS:
Saturno en virgo magnitude0,7. Marte en Cancer magnitude -1,1, Mercurio en Capricornio magnitude –1,4, Uranoen Piscis magnitude 5,9, Venus en Acuario magnitude –3,9, Xupiter en Acuario magnitude–2,0. CHOIVAS DE ESTRELAS:
Continuan connosco as AlfaCentauridas cun máximo de 6 por hora o día 8. O día 25 comenzan as GammaNormidas.
A LÚA:
Cuarto Minguante o día 5 ás 23:48, Lúa Nova o día 14 a 02:51. Cuarto Crecente o día 22 ás 00:42. Lúa Chea o día 28 ás 16:38 (horas UTC).
COMETAS:
Tan só o C/2007 Q3 (SidingSpring)en Bootes e con magnitude 9 pode ser visible. Os demais teñen magnitudesmoi grandes que os fan difícilmente observables.
OUTRAS EFEMÉRIDES:
Día 2 : A Lúa e Saturno moipróximos.
Día 14: A Lúa e Venus moipróximos.
Día 15: A Lúa e Xúpiter moipróximos.
Día 17: Venus e Xúpiter moipróximos.
Día 23: Aniversario (1987)da aparición da Supernova 1987A na Gran
Nube de Magallanes.
Día 26: A lúa e Marte moipróximos.
NOTA: CAULUM (o Cincel), Trátasedunha constelación das creadas por Nicolas Lacaille en 1752, é moi pequena econ estrelas de magnitude inferior a 4. Representa a ferramenta do escultor, etamén foi chamada Scalptorium, e no seculo XX tentouse cambiar o nome polo dePraxiteles, pero non prosperou. A sua estrela mais importante é ALFA CAELI,unha binaria composta por una estrela amarela e outra vermella, con unhamagnitude conxunta de 4,4.
Texto: Paulino Gasalla
Publicado no suplemento "Nordesía" do Diario de Ferrol do día 31 de xaneiro de 2.010
Escrito por sghnastronomia el 01/02/2010 22:36 | Comentarios (0)
21 rapaces de 6º de primaria do colexio Belén de Ferrol achegáronse a Reciclaterra para saber un pouco máis sobre astronomía. As condicións meteorolóxicas foron totalmente adversas, dende uns ceos totalmente cubertos e unhas teboadas, que impedian a observación polo que relizouse unha presentación informática para amosar os ceos de inverno, tamén có programa Stellarium (simulador astronómico), realizouse unha viaxe polo máis chamativo dos nosos ceos.
Escrito por sghnastronomia el 29/01/2010 22:01 | Comentarios (0)
Alumnos de 3º de primaria do colexio Belén, viñeron o día 21 de xaneiro de 2.010, para coñecer un pouco máis as estrelas do ceo. Aínda que estivo bastante pechado de nubes polo que a meirande parte da actividade realizouse na aula de Reciclaterra cunha presentación informatica amosando os ceos desta época do ano, tamén houbo a oportunidade de ver a Lúa entre uns claros, así como Casiopea, o Cisne e a Lira, tamén amosouse a Estrela Polar.
Escrito por sghnastronomia el 21/01/2010 22:24 | Comentarios (0)
Alumnos de 1º de ESO do IES de Ferrol Vello foron os primeiros que este ano estiveron este ano en "Coñecendo o Universo", actividade na que colabora a Concellería de Cultura de Ferrol. Aínda cos ceos cobertos, a intres, puídose facer unha actividade misturando a presentación informática dos ceos de inverno e a observación, aínda que moi limitada, pois a ratos as nubes nos permitian ver algunhas partes do ceo, así puidose ver Xúpiter con tres das súas lúas, a estrela dobre Albireo unha con coa cor amarela dourado e a outra azul tamén puideronse ver as constelación de Casiopea, Orión e a Osa menor coa estrela Polar.
Escrito por sghnastronomia el 14/01/2010 22:34 | Comentarios (0)
Xunto coas Xemínidas do més de decembro,as Cuadrántidas, son as choivas de estrelas máis intensas do ano, aínda que asdatas de obserbación no hemisfério norte, fanas coincidir na maioría dasocasións con ceos cubertos.
As cuadrántidas 2010 comezan o 28 dedecembro de 2009, ata o 13 de xaneiro. O radiante atópase situado entre asconstelacións de Bootes, Osa Maior, Draco e Hercules. O máximo terá lugar o día3 ás 19:00 Tempo Universal, é dicir ás 20:00 hora oficial, o que non nos permitirá,aínda que as condicións metereológicas sexan adecuadas, un bo espectáculo xaque a constelación de Bootes non sae ata as 24 horas e a Lúa acompáñanos desdeas 22 horas. No entanto desde o crepusculo, todos os meteorítos que salgan endirección norte, poderán ser observados.
As cuadrántidas son unha choiva demeteoros estraña. A primeira vez que alguén se deu conta da presenza dasCuadrántidas foi entre 1820 e 1830. os astrónomos buscaron durante moito tempoo cometa que orixinaba ás Cuadrántidas sen resultados. En 1990 suxeriuse quepoderían ter a súa orixe no cometa 96P/Machholz, pero finalmente, no 2003, unastrónomo chamado Peter Jenniskens do laboratorio Ames Research Center da NASA,atopou evidencias de que as cuadrántidas proveñen do asteroide 2003 EH1, unasteroide que probablemente formou parte dun cometa visto desde China, Korea eXapón en 1490 e 1491, quizais ese cometa rompeu, e algúns pedazos convertéronsenos meteoroides que dan orixe ás Cuadrántidas. A Terra cruza a órbita de 2003EH1 formando un ángulo perpendicular, o cal explica a brevidade desta choiva demeteoros.
As cuadrántidas toman o seu nome dunhaantiga constelación, " Quadrans Muralis " o Cuadrante Mural, creadapor Joseph Lalande en 1795, definida nos atlas estelares do século XIX, esituada entre Draco e Bootes. Foi suprimida dos atlas estelares cando en 1922 aUnión Astronómica Internacional actualizou o mapa de constelacións quedando tansó as 88 constelacións actuais. O feito de que se conserve o nome deCuadrántidas, é debido a que foi o primeiro nome que se lles deu, e xa existeoutra choiva de estrelas coñecida co nome de Bootidas.
Este ano se as condicións atmosféricasacompáñannos poderemos ver un interesante espectáculo.
Texto: Paulino Gasalla
EFEMERIDES DEXANEIRO 2010
AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS Referíndonos ao día 15 de xaneiro ás 24:00 horas e cara ó norte, a media alturaa Osa Maior, alta o Lince, no zenit Auriga, comenzan a baixar Camelopardalis ePerseo, a media altura Casiopea, chegando ao horizonte Cefeo, no horizonteDraco. Cara ao sur na sua máxima altura Orión, Baixo dela Lepus, Columba eCanis Maior, no Horizonte Circinus, Pupis e Horologium. Cara ao leste subindo exa moi altas Xeminis e Canis Minor, baixo delas Cancer e Leo, saindo polohorizonte Virgo. Cara ao oeste e baixando Tauro, moi baixa Cetus e casi nohorizonte Piscis e Pegaso.
PLANETAS:
Marte en Cancer magnitude -1,3. Saturno en Virgomagnitude 0,8. Venus en Capricornio magnitude -3,9. Xupiter en Acuario manitude-2,1. Mercurio en Saxitario magnitude -1,9. Urano en Piscis magnitude 5,9. CHOIVAS DE ESTRELAS:
Continuan con nos as Coma Berenícidasata o día 23. As Cuadrántidas ata o día 13, cún máximo de 120 o día 3. O día 28 comenzanas Alfa Centauridas.
A LUA
Cuarto Minguante o día 7 ás 10:40. Lúa Nova o día 15 ás 07:11. Cuarto Crecente o día 23 ás 10:53. Lúa Chea o día 30 ás 06:17.
ECLIPSES:
O día 15 eclipse anular de Sol, visible en Asia e gran parte de Africa. A franxa de anularidade atravesará o centro de Africa, sur de India, Birmania e China.
COMETAS:
Socometa C/2007 Q3 (Siding Spring) enBootes con magnitude 9 e visible cún telescopio pequeno.Osdemais cometas neste més teñen magnitudes que os fán difícilmente observables.
OUTRAS EFEMÉRIDES:
Día 3: Máximo da choiva de meteoros Quadrántidas cunha media de 120 meteoritos visibles porhora, A Lua e Marte moi próximos.
Día 6: A Lua e Saturno moi próximas.
Día 7: Galileo Galilei descobre os satélitesnaturais de Júpiter Io, Europa e Callisto (1609).
Día 8: En 1642 morre arrestado no seu domicilio deFlorencia, Galileo Galilei. Ata o 31 de outubro de 1992 a Santa Sé nonrecoñeceu o seu erro ao condenalo en 1633.
Día 13: En 1609 Galileo descubre o satélite deXupiter Ganymedes.
Día 15: Eclipse anular de Sol. É visible en Asia egran parte de Africa.
Día 18: A Lua e Xúpiter moi próximos.
Día 30: A Lúa e Marte moi próximos.
NOTA: HOROLOGIUM, o Reloxo, é unha dasconstelacións creadas polo abade Nicolás Lacaille, utilizou para iso un grupode estrelas próximas ao final da constelación de Erídano preto da súa estrelaAchernar. O seu primeiro nome era Horologium Oscilatorium (o reloxo depéndulo). Sábese que durante algún tempo foi coñecida como Horoscopium. A súaestrela máis importante é Alfa Horologii, de cor amarela e magnitude 3,9.
Texto:Paulino Gasalla
Publicado no Nordesía do "Diarío de Ferrol" o día 27 de nadal de 2.009
Escrito por sghnastronomia el 28/12/2009 19:12 | Comentarios (0)
O día 17 de nadal de 2.009, con 4ºC de temperatura o rapaces do Colexio Belén asistiron a Reciclaterra para coñecer os ceos de inverno e esta vez en todo o seu esplendor, disfrutouse dunha noite totalmente despexada e con moi boa visibilidade. Comezouse recoñecendo o ceo a simple vista recoñecendo a distintas constelación, asterismos, e estrelas; coa estrela Polar fíxose unha especial atención para localizala. Continuo a observación dende o telescopio de Xúpiter e os seus satélites visibles, a nebulosa de Dumbell, o dobre cúmulo de Perseo, e a estrela Albireo así como M81 e M82, tamén puidose ver o paso de varios satélites artificiais e en especial o destello dun Iridium e puídose obsrvar algunha estrela fugaz da Xemínidas.
Escrito por sghnastronomia el 17/12/2009 22:54 | Comentarios (0)
Alumos do colexio Belén de Ferrol, poideron observar a través do telescópio a Xúpiter e as catro lúas galileanas, M57 a nebulosa do anel, a Pleiades a nebulosa de Dumbell e a estrela Albireo, a pesares de que non estivo todo o ceo despexado e isto impedir ver a Osa Maior si puidose ver Casiopea, o Cisne, Águia e Lira. Puidose observar o paso de varios satélites artificiais, para rematar amosouse a contaminación lumínica que provocan as luces das cidades de Ferrol e Coruña.
Escrito por sghnastronomia el 10/12/2009 22:52 | Comentarios (0)
O 2º de ESO do IES de Canido, estivo o día 3 de nadal de 2.009 en Reciclaterra para coñecer o universo. Por mor de atoparse o ceo con nubes, no se poido realizar a observación astronómica, polo que realizouse unha proxección informática amosando os ceos correspondentes a esta época do ano así como os obxectos máis subliñables, asemade déronse respostas a preguntas que os alumnos facian, para tentar facer intelixibles moitas das palabras e conceptos sobre a astronomía.
Escrito por sghnastronomia el 03/12/2009 23:12 | Comentarios (0)
A pesar da fama das Perseidas e asLeónidas, este ano a choiva de estrelas con maior intensidade son as Xemínidas.Comezarán o día 3 de decembro, ata o día 19. O máximo terá lugar na noite do 13ao 14, e espérase unha taxa horaria zenital (ZHR) de 120 por hora. O seu radiante atópase ao norte da constelación de Xéminis, son uns meteoros demoderada velocidade. Non adoitan deixar rastros moi brillantes, pero os que ofan son de gran intensidade, e comunmente en cores amarelo, verde ou azul.
As Xemínidas non son estrelas fugaces ordinarias. Mentres que a maioría daschoivas de estrelas teñen as súas orixes en cometas, as Xemínidas proveñen dunasteroide próximo á Terra chamado Phaethon 3200, descuberto en 1983. Pero osasteroides non adoitan eyectar po cara ao espazo, polo que se supón que uncometa chocou con outro asteroide na antigüidade, o que podería crear unha nubede po e rocas que siga a Phaethon na súa órbita, que é moi elíptica, osea comoa dun cometa, e leva ao asteroide moi preto do Sol, o dobre de cerca queMercurio. Cada 1,4 anos, Phaethon introdúcese no sistema solar interno, onde acalor do Sol podería facilmente reducir un cometa importante ao esqueletorochoso que vemos hoxe. O asteroide Phaethon 3200 esta catalogado como un "PHA" é dicir unasteroide potencialmente perigoso, cuxo camiño pasa a tan só 3 millóns dequilómetros da órbita terrestre, mide 5 quilómetros de ancho e pode ser vistocon telescopios pequenos. As Xemínidas foron observadas por primeira vez fai 150 anos, durante a GuerraCivil americana, e desde entón estiveron connosco. Se as condiciónsmetereológicas acompáñannos poderemos ver un gran espectáculo.
Paulino Gasalla
EFEMERIDESNADAL 2009
AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS Referíndonos ao día 15 ás 24:00 horas. Cara ó norte, Perseo e Camelopardalisaltas no ceo, Baixando Casiopea, a media ltura Cefeo, no horizonte Draco,Subindo a Osa Maior, que ocupa casi todo o ceo do norte, moi alta o Lince. Cara ao sur Tauro preside o ceo doNadal, baixo dela Eridano, Subindo Orión e Lepus xa se atopan moi altas, CanisMaior un pouco sobre o horizonte, baixando Cetus e no horizonte Fornax. Cara aoeste Moi alta Auriga, e baixo dela Xeminis, a media altura Canis Minor eCancer, no horizonte Leo e Hidra. Cara ao oeste xa baixando Aries, a mediaaltura Piscis e Andromeda e Pegaso, parte de Acuario baixo o horizonte.
PLANETAS: Saturno en Virgo con magnitude 0,9. Marte en Leo e magnitude -0,8. Venus en Ofiucocon magnitude –3,9. Xupiter en Capricornio magnitude -2,2. Mercurio en Saxitarioe magnitude -2,1. Urano en Piscis con magnitude 5,8.
CHOIVAS DE ESTRELAS:
Continuan con nos as SigmaHydridas ata o día 28, cun máximo de 3 por hora o día 9. Tamén ás Phoenicidasde Nadal ata o día 9, cún máximo de variable o día 6. Comenzan o día 1 asPupidas Velidas ata o día 15, cún máximo de 10 por hora o día 7. O día 3 comenzanas Xeminidas ata o día 19, cún máximo de 120 por hora o día 14. O día 6 comenzanas Monocerótidas ata o día 20, cun máximo de 2 por hora o día 7. O día 16comenzan as Ursidas ata o día 25, cuún máximo de 10 por hora o día 22. O día 10comenzan as Coma Berenicidas ata o mes de xaneiro, cún máximo de 5 por hora odía 19.
A LÚA:
Lúa Chea o día 12 ás 07:30.Cuarto Minguante o día 9 ás 00:13. Lúa Nova o día 16 ás 12:02. Cuarto Crecenteo día 24 ás 17:36. Lúa Chea o día 31 as 19:13
COMETAS: O 88P/Howell será visible conmagnitude 9 na constelación de Capricornio. O C/2007 Q3 (Siding Spring) na constelación de Comma Berenice conmagnitude 9. C/2006 W3 (Christensen)en Saxitario con magnitude 9. Os demais teñen magnitudes superiores a 10 poloque son dificilmente observables.
OUTRAS EFEMÉRIDES:
Día 6: A Lua e Marte moipróximos.
Día 9: A Lúa e Saturnobastante próximos.
Día 13: Máximo da choivade estrelas Xéminidas, pode ser un bo espectáculo xa que se espera unhas 120por hora.
Día 15: A Lua e Venusmoi próximos, no mencer.
Día 18: A Lúa e Mercuriomoi próximos.
Día 20: En 1996 morreu ogran astrofisico Carl Sagan.
Día 21: As 10:47 TUComenza o inverno. A Lúa e Xupiter bastante próximos.
Día 29: Excelenteconxunción da Lúa coas Pleiades.
Día 31: A Lua e Venusmoi próximos.
NOTA: FORNAX(o Forno) Éunha das constelacións creadas por Nocilas Lacaille en 1752. O seu nomeorixinal era Fornax Chemica (o forno químico). Foi dedicada ao quimico francésAntoine Lavoisier. As súas estrelas son de cuarta e quinta magnitude. A máisimportante é FORMACIS, de cor amarela e magnitude 3,8. Trátase dunha estrelabinaria a 46 anos luz do Sol.
O día 26 de novembro de 2.009, o 2º da ESO 1 estivo en reciclaterra, para achegarse ós ceos de inverno, a pesares de ter os ceos cubertos e en constante ameaza de chuvia, púxose o telescopio para ver a Lúa e os seus cráteres, o resto da actividade realizouse na aula de Reciclaterra, donde fíxose unha exposición informática sobre os ceos de inverno así como os obxectos máis subliñable visibles. Na actividade estivo a facer unha reportaxe sobre a actividade a Televisión de Galicia.
Escrito por sghnastronomia el 26/11/2009 22:54 | Comentarios (0)
O día 19 de novembro de 2.009 o IES de Canido da 1 de ESO estivo en reciclaterra iniciandose no mundo da astronomía: a pesares de que o ceo estaba case coberto, o case premitiunos ver Xúpiter e as súas catro lúas galileanas, tamén puideronse definir as constelacións de Cisne, Lira e Águia que conforman o triángulo de verán, e noutro intre puidose amosar Casiopea. Rematou coa representación informática dos ceos de inverno así como destacando polo miudo o máis subliñable.
Nos acompañaron dous periodistas do xornal El País, realizando unha tira de fotografias e unha entrevista tanto a organizadores da actividade e a o profesor e alumnos do Instituto.
REPORTAJE
Los aprendices de Galileo
La Sociedade Galega de Historia Natural enseña a los escolaresde Ferrollos secretos del universo en el Año Internacional de la Astronomía
LORENA BUSTABAD- Ferrol - 22/11/2009
Desde Mougá, a las afueras de Ferrol,en los días claros se pueden ver los acantilados del cabo Ortegal. Por lasnoches, cuatro lunas de Júpiter. Cada semana, la Sociedad Galega de HistoriaNatural (SGHN) de Ferrol pone su gigantesco telescopio al servicio de los ojosmás curiosos para mostrar a los escolares las maravillas del universo nocturno.Forma parte del programa de actividades con el que esta pequeña entidadcultural y ecologista quiere celebrar este Año Internacional de la Astronomíaque conmemora los descubrimientos de Galileo Galilei. Hace 399 años, una nochede enero, este astrónomo italiano dirigió su telescopio casero hacia el cielode Venecia. Contó cuatro lunas orbitando alrededor de Júpiter y las bautizócomo Ío, Europa, Calixto y Ganímedes, conocidas como los satélites galileanos.De su observación, dedujo que la Tierra giraba alrededor del Sol y no al revéscomo se creía. Este descubrimiento fue su condena. La Inquisición lo sentenciópor hereje a vivir en silencio y bajo arresto domiciliario sus últimos años.
A los niños les interesasaber más sobre el horóscopo y los astros
Sequedan atónitos al saber que el sol se apagará dentro de millones de años
Cuatro siglos después, un grupo de 18alumnos de 1º de la ESO del IES de Canido localizaron y observaronentusiasmados el baile de los mismos cuatro astros que avistó Galileo en 1610.Hoy, al planeta anaranjado se le conocen 63 satélites. Con el telescopio de laSGHN sólo se ven con claridad los de Galileo. Cuatro puntos brillantescolocados alrededor de Júpiter, el quinto planeta de sistema solar. También elmás grande y el más brillante. A simple vista, a través de este armatoste dedos metros con un espejo reflector de 400 milímetros, también se aprecian lasfranjas anaranjadas y rojizas de Júpiter, el planeta que, según los científicos,quiso ser una estrella y fracasó.
Hace dos semanas que la SGNH deFerrol propuso al Ayuntamiento realizar talleres de astronomía en el aulaambiental Reciclaterra de Mougá, un monte elevado de la parroquia de Esmellealejado de las luces de la ciudad. En dos días, los colegios agotaron el cupode la excursión astronómica para descubrir "los secretos del cielo delinvierno" en 14 sesiones que finaliza en febrero. Con los 3.000 euros queaportó el gobierno local se paga el bus escolar que lleva a los niños hastaeste observatorio improvisado. Los monitores de la Sociedade, Paulino Gasalla yXosé Araújo, donan su tiempo y sus conocimientos "por amor al arte delcielo", dicen.
Los niños hacen cola en el telescopioy apuntan con el dedo al firmamento tratando de localizar Casiopea, Vega deLira o la Estrella Polar, que a ratos, se van escondiendo entre las nubes.Dentro del aula, se proyectan imágenes de galaxias, constelaciones, nebulosas,cúmulos estelares, supernovas, planetas y millones de estrellas: enanasblancas, rojas, amarillas o gigantes azules. "También hay una verde, quese sepa", apunta Gasalla.
"Esta clase es un pocorara", dice José Manuel, de 12 años. Pero Antón, el profesor de Ciencias,les pide que saquen el cuaderno y tomen buena nota. Cada uno tendrá que elegiruna constelación y explicar su historia y características. Mientras, vanadmirando el brillo de Orión, Pegaso o el Ofiuco (el encantador de serpientes)y preguntan por el nombre de todas las Pléyades. Belén ya tiene claro que en susdeberes relatará por qué nuestra galaxia se llama Vía Láctea después deescuchar que para la mitología griega, la galaxia es la leche materna de ladiosa Hera derramada cuando amamantaba a Hércules, hijo ilegítimo de su esposoZeus.
El interés de los niños por eluniverso varía en función de su edad, explican los monitores de la SGNH, perocasi todos se quedan asombrados "porque algunos no saben que el sol es unaestrella". Otros pasan, añade el profesor "pasan de esto y detodo". A los talleres astronómicos asisten niños de Primaria y Secundaria,de 7 a 16 años. Comparan la luna con "un huevo de pájaro" y preguntanpor las constelaciones del Zodíaco. "Eres Acuario porque el sol pasaba porahí cuando naciste", responde el monitor a una de las niñas.
Luego, se tropiezan con la físicateórica y la inmensidad de unas distancias y dimensiones incomprensibles paracasi todos. Sobrepasados por los años-luz, intrigados por la vida en otrosplanetas, los chavales se quedan atónitos cuando les anuncian que "el solmorirá" dentro de unos 4.000 millones de años con una gigantesca explosiónque tragará este planeta azul que llamamos Tierra.
O día 12 de novembro de 2.009 o Instituto de Canido de Ferrol, realizou unha pequena observación astronómica de Xúpiter e tres dos seus satélites, pois as condición de ceo non permitiron máis. Completouse cunha presentación informática dos ceos para estas datas así como un estudio polo miudo das diferentes costelación, planetas visibles, asterismos e galaxias visibles, rematando coa resposta a diferentes preguntas dos alumnos sobre astronomía.
Escrito por sghnastronomia el 17/11/2009 17:20 | Comentarios (0)
O segundo grupo do IES Rodolfo Ucha Piñeiro, estivo (05-11-2009) a participar na actividade "Coñecendo o Universo", achegándose a Reciclaterra, en un día de chuvia que impediu calquera tipo de observación, agás a contaminación lumínica de Ferrol e A Coruña que como dúas enormes lumieiras foron amosadas no camiño da aula ó bus. Realizouse o programa mediante imaxes para achegarse á astronomia.
Escrito por sghnastronomia el 05/11/2009 22:58 | Comentarios (0)
Os pasados 16 e 17 de outubro, dadas ascondicións meteorolóxicas e a limpeza do ceo, tivemos a sorte de ver poucoantes do amencer, o fenómeno coñecido como Lúa cincenta.
Consiste en que poucos días antes ou logoda fase de lúa nova, a parte da Lúa non iluminada polo Sol non está totalmenteescura, senón que aparece cunha cor gris cinza, de aí o nome de Lúa Cincenta ouLúa Cinérea.
Isto é debido a que a luz solar édobremente reflectida, o sol ilumina á Terra, que vista desde A Lúa atópase enfase de "Terra Chea", e esta luz ilumina as rexións lunares ás quenon chega a luz solar, xa que a Lúa nova corresponde Terra chea por iso, candoa fase lunar é nova, a Terra envía moita luz reflectida á Lúa (entre 50 e 80veces superior á que recibimos da Lúa chea) e que de novo regresa ao nosoplaneta en forma de luz cincenta. A maior intensidade tense na fase menguante,cando a Lúa aparece antes do amencer e a súa parte escura devolve a luzreflectida polos continentes de Europa, Asia e África. Con todo ao comezar acrecer a Lúa, a luz do Sol reflíctese nos océanos da Terra polo que a luzcincenta é menos intensa.
É un fenómeno que chamou a atención desdea antigüidade. Ata principios do século XV críase que se trataba dunhaluminosidade propia da Lúa, de luz procedente de Venus ou da luz solar que aoser tan forte conseguía atravesar a propia Lúa, coma se tratásese dunhapantalla traslúcida.
O primeiro en interpretar a orixe da luzCincenta foi Nicolás de Cusa e pouco despois en 1506 o gran Leonardo dá Vincina súa obra ?Codex Leicester?, explica nunha páxina titulada "Acerca daLúa: Ningún corpo sólido é máis livián que o aire", xa que cría que a Lúatiña atmosfera e mares e, porque estaba cuberta por auga, podía reflectir ben aluz. De forma inversa, os océanos terrestres reflectían a luz solar eiluminaban a Lúa.
Como curiosidade histórica é interesanteo feito de que debido á variación da intensidade da luz cincenta os antigosastrónomos deduciron a existencia dun continente na zona na que séculos despoisse descubriría Australia.
Poderemos gozar da súa contemplaciónantes ou logo de calquera Lúa nova, tan só fai falta afastarnos un pouco dacontaminación lumínica das cidades, e a primeira ollada ou cuns prismáticos,poderemos gozar dun fermoso espectáculo. Só fáltanos recordar que se o facemosantes da Lúa nova ocorrerá ao amencer e se é cando a Lúa empeza a crecer será átardiña.
Texto:Paulino Gasalla
EFEMERIDES DENOVEMBRO2009
AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS Referíndonos ao día 15 de novembro ás 24:00 horas e cara ó norte, a Osa Maioratópase na posición mais baixa, ainda que parte dela ya esta subindo, a mediaaltura Lince e xa moi alta Camelopardalis, Casiopea atopase na súa posiciónpreponderante no outono, ao seu carón, Perseo ocupando o zenit, baixando Cefeoe Lacerta, e casi no horizonte Draco. Cara o sur Piscis e Aries presiden o céo denobembro, sobre elas o Triangulo e debaixo Eridanus e Cetus, no Horizonte PiscisAustrinus, Formax e Escultor, baixando Andromeda e Pegaso, moi baixa Acuario, xaalta Tauro. Cara ó oeste xa moi baixo o Triangulo do Veran con parte daconstelación da Aguia baixo o horizonte, o Golfiño e o Cabaliño moi baixas. Carao leste moi alta Auriga, a media altura Xeminis e Orión, saindo polo horizontaMonoceros, Canis Maior, Cancer e Canis Minor.
PLANETAS: Saturno en Virgo e con magnitude 1, Mercurio en Libra e con magnitude -1,3.Xupiter en Capricornio e con magnitude -2,4. Marte en Cancer e con magnitude-0,3. Venus en Libra e magnitude -4,0. Urano en Acuario e con magnitude 5,8.
CHOIVAS DE ESTRELAS:
Continuan con nos as Tauridas Sur ata o día 26. AOriónidas ata o día 10. As Tauridas do Norte ata o día 30 cún máximo de 5 porhora o día 13. O día 7 comenzan as Leonidas ata o día 28, cún máximo variable odía 18. As Alfa Monocerótidas comenzan o día 15 ata o 25 cún máximo variable odía 21. O día 28 comenzan as Phoenícidas de decembro.
A LÚA:
Lúa Chéa o día 2 ás 19:14. Cuarto Minguante o día 9ás 15:56. Lúa Nova o día 16 ás 19:14. Cuarto Crecente o día 24 ás 21:39.
COMETAS: 88P/Howell con magnitude 8 en Saxitario.C/2006 W3 (Christensen)con magnitude9 en Saxitario. C/2007 Q3 (SidingSpring)con magnitude 9 en Leo. Pode ser visibles cún telescopio pequeno. Osdemais teñen magnitudes superiores a 10 que os fan difícilmente observables.
OUTRAS EFEMÉRIDES:
Día 03: Aniversario do lanzamento do Sputnik 2 coacadeliña Laika (1957).
Día 8 A Lúa e Marte moi próximos.
Día 09: Necemento do grán astrofísico CarlSagan (1934).
Día 12: Aniversario da gran tormenta meteóricadas Leonidas (1833) mais de 100.000 por hora.
Día 13: A Lúa e Saturno moi próximos.
Día 15: A lua e Venus moi próximos.
Día 17: Ao solpor será visible a choiva de estrelasLeónidas, esperandose un máximo superior a 100 por hora.
Día 23: A Lúa e Xúpiter moi próximos.
NOTA: SCULPTOR (O Escultor).É unha das constelacións credaspor Lacaille en 1752, talvez sexa a máis útil das que creou. Nun pricipiobautizouna como o Estudo do escultor, pero posteriormente, o nome foi acurtado.Sculptor contén o polo sur galáctico. A súa estrela máis brillante é ALFASCULPTORIS de cor branca azulada e magnitude 4,3
Texto: Paulino Gasalla
Nordesía (Diario de Ferrol) do día 1 de novembro de 2009 páxina 18
Escrito por sghnastronomia el 04/11/2009 00:12 | Comentarios (0)
Comenza unha nova edición de Coñecendo o Universo, no que escolas do Concello de Ferrol se achegan a Reciclaterra para ter unha experiencia astronómica. O colexio Rodolfo Ucha Piñeiro acompañounos nesta primeira saída realizando unha observación da Lúa, Xúpiter, constelacións como a Osa Maior (aprendendo a buscar a Estrela Polar) ou vendo o paso dun satélite artificial así como na diferenza de cores o obrservar a estrela Albireo, na constelacións do Cisne; estas observación xunto cunha presentación informatica sobre as constelacións e as súas lendas completou esta primeira xornada.
Nota do Diario de Ferro do día 30 de outubro de 2009, páxina 08.
Escrito por sghnastronomia el 30/10/2009 00:27 | Comentarios (0)
Mancha solar nº 1029 do ciclo solar 24 (numeración), fotografiada hoxe día 29 de outubro de 2009 dende Ferrol(A Coruña) (l 43º28´N L 008º 12´W). Dende onte observouse un movemento cara o sur
Escrito por sghnastronomia el 29/10/2009 15:27 | Comentarios (0)
Case todos oimos falar máis dunha vez do Calendario Gregoriano, pero xeralmente non coñecemos as consecuencias que tivo a súa implantación.
Todos os pobos do mundo ao longo da historia, atopáronse coa necesidade de coordinar as súas actividades para a medidado tempopor medio de calendarios, xeralmente baseados nos movementos dos astros.
Os exipcios crearon no ano 2780, un calendario solar de 365 días, dividido en doce meses con cinco días sobrantes considerados festivos.
Tamén os gregos fixeron uso dos seus grandes coñecementos astronómicos para rexerse cun calendario de 365 días. Os romanos adoptaron este calendario, pero foi manipulado polas clases políticas e relixiosas de acordo aos seus intereses quedando distorsionado na súa relación co tempo real cun atraso de tres meses. Por este motivo no ano 46 antes de Cristo, Xulio César viu a necesidade de reformar o calendario para que as estacións volvesen coincidir coas datas correspondentes. Esta reforma baseábase unicamente no Sol, e non gardaba relación algunha coas fases da Lúa. Tiña 365 días, cun día adicional que se engadía cada catro anos é dicir un ano bisiesto.
A diferenza relativa de 365.25 e o ano real 365,2419 non é demasiado grande, supérao por un total de 0,00781 días, pero ao cabo de mil anos producíase un adianto de 7,8 días.
Durante a Idade Media foise acumulando a diferenza e o equinoccio de primavera que se celebraba tradicionalmente o 21 de marzo, tiña lugar en realidade cada vez con mais anticipación, e a confusión estendíase ás datas das festas relixiosas en especial a Pascua. No século XVI acumulábase un atraso de dez días e iso levou ao papa Gregorio XIII a ordenar unha revisión logo de asesorarse con matemáticos e astrónomos, mediante a bula "Inter Gravissimas" publicada o 24 de febreiro de 1582. O problema seria solucionado omitindo 3 anos bisiestos cada 400 anos: os anos seculares, acabados en dous ceros, só serian bisiestos no caso de que estes puidesen chegar a ser divisibles por 4. Así polo tanto o ano 1900 non foi bisiesto, en cambio se o foi o 2000.
A reforma se levou a efecto a partir do 4 de outubro dese mesmo ano, día ao cal seguiu o venres 15 debido á eliminación dos dez días sobrantes. Con iso conseguiuse un calendario máis aproximado ao ano solar pola eliminación de tres anos bisiestos cada catro séculos, pasando a marxe de erro a un día cada 3.333 anos.
Non todos os países adoptaron inmediatamente a reforma gregoriana. Así Inglaterra o fixo no mes de setembro do ano 1752, en Suecia en 1752, en Xapón en 1873,en China en 1912, na URSS en 1918, Romanía en 1919, Turquía en 1924, etc.
Moitas foron as anécdotas derivadas do cambio no calendario. Santa Teresa de Jesús morreu o 4 de outubro de 1582, déronlle sepultura ao día seguinte o 15 de outubro de 1582. Miguel de Cervantes e William Shakespeare morreron na mesma data, pero con dez días de diferenza xa que Inglaterra aínda non adoptara o calendario gregoriano, polo mesmo motivo Isaac Newton naceu para os ingleses en 1642 e para o resto de Europa en 1643.
O calendario gregoriano é un calendario orixinario de Europa, e é utilizado de xeito oficial en todo o mundo.
Texto Paulino Gasalla
EFEMERIDES DEOUTUBRO 2009
AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS Referíndonos ao día 15 ás 00:00 horas, cara ao norte, altas no céo Cefeo e Casiopea, baixando Draco, A Osa maior sobre o horizonte, subindo Camelopardalis e Perseo. Cara ao sur, preside o ceo do outono Pegaso, baixo ela Piscis, Capricornio e Acuario, sobre o horizonte Piscis Austrinus e Microscopium. Cara ao leste e xa asomando polo horizonte Xeminis, Orión e Eridano, a media altura Tauro e Cetus, e xa alta Aries, Triángulo e Andrómeda. Cara ao oeste, baixando o Tiangulo do Verán, moi baixa Hercules e a Coroa Boreal, no horizonte Ofiuco e Serpens Cauda.
PLANETAS: Xupiter en Capricornio con magnitude -2,6. Marte en Cancer con magnitude 0,1. Saturno en Virgo con magnitude 1,1. Mercurio en Virgo con magnitude -2,2. Venus en Virgo con magnitude -4,1. Urano en Piscis con magnitude 5,7.
CHOIVAS DE ESTRELAS:
Continuan con nos as Delta Auríxidas ata o día 10. As Tauridas do Sur ata o día 26, cún máximo de 5 por hora o día 11. As Oriónidas durante todo o més, cún máximo de 23 por hora o día 21. O día 6 comenzan as Draconidas ata o día 10, cún máximo variabel o día 8. O día 14 comenzan as Epsilón Xeminidas ata o día 24, cún máximo de 2 por hora o día 20. O día 17 comenzan as Loeo Minóridas, cún máximo de 2 por hora o día 22. O día 20 as Tauridas Norte.
A LÚA:
Lúa Chea o día 4 ás 06:10, Cuarto minguante o día 11 ás 08:56, Lúa Nova o día 18 as 05:33. Cuarto Crecente o día 26 ás 00:42.
COMETAS:
C/2006 W3 (Christensen) na constelación da Aguia con magnitude 8 e C/2007 Q3 (Siding Spring na constelación de Leo con magnitude 9, son visibles cún telescopio pequeño. Os demáis teñen magnitudes superiores a 10, o que os fán dificilmente observables.
OUTRAS EFEMÉRIDES:
Día 3: O Papa Gregorio XIII axusta o calendario Xuliano, denominándose desde entón Gregoriano. Suprime do 4 ao 15 de outubro dese ano (1582).
Día 4: Comenza a Semana Internacional do Espacio ata o día 10.
Día 8: Mercurio e Saturno moi próximos.
Día 12: A Lúa é visible próxima ao planeta Marte.
Día 13: Venus e Saturno moi próximos.
Día 27: A Lua e Xupiter moi próximos.
Día 31: Aniversario da absolución do Vaticano ao astrónomo Galileo Galilei polo cargo de herejía (1992).
NOTA: A Constelación de MICROSCOPIUM (Microscopio) atópase baixo a constelación de Capricornio. É unha das creadas no século XVIII polo abade Lacaille. Recibiu este nome para facer honra ao invento do microscopio. as súas estrelas son de magnitudes próximas a 5, o que a fai dificilmente identificable. A súa estrela máis importante é GAMMA MICROSCOPII de cor amarela e magnitude 4,67.
Texto e foto: Paulino Gasalla
Nordesía (Diario de Ferrol) do 27 de setembro de 2.009
Escrito por sghnastronomia el 04/10/2009 15:40 | Comentarios (0)
OBSERVANDO A LÚA Desde a antigüidade A Lúa é o obxecto celeste que máis asombrou á humanidade, ao ser o máis próximo a nós e tamén o máis facilmente observable. A Lúa mereceu a atención de estudiosos e de xente corrente, sorprendida pola súa luminosidade e pola súa case constante presenza durante a noite. Catro son os sistemas que temos na nosa condición de afeccionados, para poder observar A Lúa: a primeira ollada, con prismáticos, cun pequeno telescopio e mediante cámaras fotográficas. Observada a primeira ollada, A Lúa mostra unhas zonas máis escuras, os mares, que ocupan unha parte importante de todo o hemisferio. Obviamente, durante o mes é posible observar as distintas fases lunares. Parece pouco, pero as variacións de aspecto son permanentes. Non é o mesmo a Lúa ao orto ou ao ocaso, ou en cuarto crecente ou menguante, ou en lúa chea ou nas proximidades da lúa nova, xa que neste momento é cando podemos gozar da chamada luz cincenta, é un fenómeno que ocorre nos primeiros días logo da lúa nova, cando apenas un anaco é visible ao comezo da noite cara ao poñente. Con todo, podemos percibir que se completa o resto do disco debilmente iluminado. Este efecto, é o resultado de que, desde a Lúa, a Terra esta en fase chea, iluminando así o resto do disco lunar. A súa simple observación permitiranos gozar dun espectáculo en estado natural.
Cuns prismáticos xa se poden ver moitos detalles. Así veremos os mares con contornos nítidos e os cráteres con mostras de relevo, así como chegar a trazar un mapa do hemisferio visible. Cun bo telescopio de afeccionado pódese estudar a morfoloxía lunar en todos os seus aspectos: chairas, montañas e, sobre todo, cráteres. Estes últimos quedan perfectamente recortados no centro do ocular do telescopio. Veremos cráteres dentro de cráteres, as súas sombras, brillos e reflexos, cadeas montañosas, vales, etc., cun mapa da Lúa pódense identificar moitísimos destes accidentes con gran detalle. Tanto con prismáticos como con telescopio, convén observar os detalles cando se atopan próximos á fronteira entre a zona iluminada e escura, é dicir en cuarto crecente ou en cuarto menguante. Nestas condicións, os raios solares inciden sobre o chan lunar cun ángulo oblicuo, e os accidentes destacan co máximo relevo. Úsense prismáticos ou telescopio, convén asegurarse de que a óptica está sostida con firmeza, porque os telescopios que bailan e treman non mostran os detalles con claridade. A observación da Lúa coas nosas propias fotos, requirirá ante todo un amplo coñecemento da técnica da fotografía, xa que a obtención fotos de corpos celestes ten unha gran dificultade. Pero se conseguimos a foto, poderemos ver os cráteres e as súas sombras con gran nitidez, e permitirannos gozar dese espectáculo sempre que queiramos. Ademais obtivémolo co noso propio esforzo. Nunha atracción mutua, viaxando polo espazo como compañeiros inseparables, a Lúa acompáñanos e acompañaranos, e por suposto seguiranos asombrando.
Texto: Paulino Gasalla Foto: Víctor Rivera Jove
EFEMÉRIDES DESETEMBRO 2009
AS CONSTELACIÓNS E AS ESTRELAS Referíndonos ao día 15 de setembro ás 24:00 horas e cara ao norte, alta, casi no zenit Cefeo, baixando e ocupando caso todo océo Draco, xa moi baixa a Osa Maior, subindo Camelopardalis e Cefeo, Casiopea moi alta. Cara ao sur, preside o ceo a constelación do Cisne, baixo dela o Golfiñio e Equuleus e un pouco por riba do horizonte Capricornio, Baixando a Aguia e Ofiuco, subindo Acuario, no horizonte Saxitario, a Coroa Austral e Piscis Austrinus. Cara ao leste saindo Cetus a media altura Piscis e Aries, Pegaso moi alta e aproximándose á súa posicion dominante no outono. Cara ao oeste e a media altura Hércules, moi baixa a Coroa Boreal, tocando o horizonte Bootes.
PLANETAS: Mercurio en Virgo con magnitude –0,1. Xúpiter en Capricornio con magnitudes –2,8. Saturno en Virgo con magnitudes 1,1. Venus en Leo magnitude -4,2. Marte en Xéminis magnitude 0,4. Urano en Piscis magnitude 5,7 CHOIVAS DE ESTRELAS:
Continúan con nós as Alfa Auríxidas ata o día 3, cun máximo de 7 por hora o día 1.O día 6 comezan as Perseidas de Setembro ata o día 13, cun máximo de 5 por hora o día 10. O día 18 comezan as Delta Auríxidas, cun máximo de 2 por hora o día 29. O día 18 comenzan as Táuridas do Sur. O día 28 comenzan as Oriónidas.
A LÚA:
Lúa Chea o día 4 ás 16:03. Cuarto Minguante o día 12 ás 02:16, Lúa Nova o día 18 ás 18:44. Cuarto Crecente o día26 ás 04:50. COMETAS:
C/2006 W3 (Christensen)atravesasndo o Triángulo do Verán, con magnitude 8. C/2007 Q3 (Siding Spring)en Leo, con magnitude 9. Os demáis cometas teñen magnitudes superiores a 9, polo que a súa observación é moi complicada. OUTRAS EFEMÉRIDES:
Día 2: Xupiter e a Lúa moi próximos.
Día 4: Os aneis de Saturno sitúanse de canto con respecto á Terra e desaparecen da nosa vista. Pero non será visible pola proximidade de Saturno ao Sol.
Día 11: En 1822 o Santo Oficio autoriza a ensinar a teoría de Copérnico de que a Terra xira arredor do Sol.
Día 13: A Lúa e Marte moi próximos.
Día 16: Venus e a Lúa moi próximos.
Día 20: Venus e a estrela Regulus moi próximos.
Día 22: Ás 21:18 horas TU, a Terra no equinoccio: inicia o outono no hemisferio norte e a primavera no hemisferio sur.
Día 30: Xupiter e a Lúa moi próximos.
NOTA: COROA BOREAL.É unha das 48 constelacións descritas por Ptolomeo, dándolle o nome de Guirnalda do Sur. Tamén foi coñecida como a Coroa do Centauro, ou tamén como o Carcaj de Frechas do centauro. Ambos os nomes relacionados coa súa proximidade á constelación de Saxitario. Na tradición astral representa a coroa de loureiro do Centauro Quirón, polo que algunhas veces tamén é coñecida como Coroa Sagitarii. As súas estrelas son de escasa magnitude, a máis importente é ALFECCA MERIDIANA (Anel de estelas do Sur), de cor branca e magnitude 4,1.
Texto e debuxo: Paulino Gasalla
Escrito por sghnastronomia el 31/08/2009 12:02 | Comentarios (0)
SPINAKER 2009 Como todos os anos a SGHN estivo presente na Semana náutica SPINAKER 2009, presentando por vez primeira en Ferrol parte do esqueleto da balea de 18 metros da que dispón, pero que por falta das adecuadas instalacións aínda non se pode expoñer. Ante ese marco incomparable, púidose facer astronomía diúrna a tarde do sábado día 9, pasaron moitas persoas, en particular nenos, que puideron gozar dunhas fantásticas imaxes de Sol.
Escrito por sghnastronomia el 19/08/2009 01:04 | Comentarios (0)
As Perseidas, coñecidas popularmente como “Bágoas de San Lourenzo”, son a choiva de estrelas máis famosa do ano, son visibles ante observadores de case todo o mundo, aínda que moito mellor no hemisferio norte. Desde o día 13 de xullo estan connosco ata o 26 de agosto. A orixe das Perséidas é o cometa Swift-Tuttle. Aínda que o cometa atópase afastado da Terra, actualmente máis aló da órbita de Urano, os restos das colas do cometa, cruzanse no camiño de paso da Terra no seu movemento de translación, chocando coa atmosfera a 60 quilómetros por segundo, e a esa velocidade, ata o máis pequeno fragmento de po produce ao desintegrarse, unha estrela fugaz. Debido a que os meteoros do cometa Swift-Tuttle aparentemente saen dun punto da constelación de Perseo (radiante), é polo que as chamamos Perseidas. A primeira vez que se rexistraron as Perseidas, foi en China no ano 36 de nosa era; con posteriores rexistros ao longo dos séculos posteriores. Pero é no século XIX cando se realiza a primeira observación científica das Perseidas, en 1835 por parte de Quetelet, observador belga quen descobre que os meteoros das Perseidas xorden da constelación de Perseo. En 1866, o astrónomo italiano Virgilio Schiapa realizou observacións das Perseidas que as relacionaba coa aparición do cometa Swift Tuttle, descubrindo a relación que existe entre outras choivas de estrelas cos cométas. O cometa Swift-Tuttle ten un período orbital de entre 120 e 135anos, o seu último paso tivo lugar en 1992. Así, en 1993, durante a choiva de agosto dese ano, observadores europeos reportaron ata 500 meteoros por hora. Este ano o máximo terá lugar o día 12 de agosto ás 15:00 TU, é dicir ás 17:00 hora local. Como a esa hora estamos en pleno día, considérase boa hora de observación entre doce horas antes e doce despois do máximo. Espéranse ata unhas 100 estrelas fugaces por hora (ZHR). A Lúa ocultaráse preto da media noite polo que non bloqueará o brillo dos meteoros máis débiles, o que incrementará a espectacularidade do fenómeno. Para obter mellores resultados de observación, aléjarse das luces da cidade. As Perseidas máis brillantes pódense ver desde as cidades, pero as máis espectaculares, compostas por meteoros tenues e delicados, só se poderán observar nas zonas sen contaminación lumínica. Durante un intre, a Lúa en fase crecente interferirá coa Perseidas e o resplandor da Lúa só permitirá ver os meteoros máis brillantes. Pero cando a Lúa ocúltese e deixe detrás un ceo escuro, as Perseidas salpicarán o ceo cos seus escintileos.
A SGHN convoca a todos os interesados neste fenómeno, para o día 12 de agosto ás 22:00 na praia de Esmelle. Para unha cómoda e boa observación é moi importante seguir estes consellos: non nos deixemos enganar porque sexa agosto, xa que durante a noite na praia de Esmelle pode facer bastante frío, polo que recomendamos levar unha chaqueta, chaquetón ou similar, así como un gorro, en espacial os nenos. Non levar lanternas, xa que cegan aos demais e non nos permiten gozar da beleza da noite. Non se recomenda levar telescópios, xa que as choivas de estrelas como mellor vense é a primeira ollada. No entanto a SGHN achegará á praia algún telescópio, presmáticos, planisférios, etc., para poder facer algunha outra observación.
Resultados da xuntanza
Reuníronse algo máis de cen persoas, poidendose disfrutar aparte dunha noite climatolóxicamente moi boa, do espectáculo das Bágoas de San Lourenzo no que contáronse case 50 algunha delas deixaron un berro de asombro pola súa beleza, aproveitouse para coñecer as constelacións típicas, así como un paso dun satélite Iridium, morea de satélites artificiais e a Xúpiter e as súas luas galileanas
Escrito por sghnastronomia el 07/08/2009 00:20 | Comentarios (0)